Antiheroe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na literatura e o cinema un antiheroe fai referencia a un personaxe de ficción que ten algunhas características que son anti-éticas comparadas coas do heroe tradicional. Un antiheroe nos libros e filmes actuais xeralmente realizará actos que son xulgados "heroicos", pero farao co emprego de métodos ou intencións que non o son tanto.