O Vello do Pico-Sagro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Vello do Pico-Sagro
LocalidadeA Coruña
Na rede
Galiciana: 577383
editar datos en Wikidata ]

O Vello do Pico-Sagro foi un periódico editado na Coruña en 1860.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Apareceu o 3 de marzo de 1860. Os seguintes números apareceron de xeito irregular durante os meses de marzo e abril. Estaba editado na "Emprenta do Hespicio Previncial". En realidade trátase dun texto literario, un longo romance que ocupa os cinco números, escrito en versos octosílabos agrupados de catro en catro á maneira das coplas populares. Ten como tema a campaña militar das tropas españolas en Marrocos durante os primeiros meses de 1860. Todos os números están asinados por un único autor: "Mingos Gallego", o pseudónimo de Francisco María de la Iglesia, ou talvez do seu irmán Antonio María.

Foi a primeira publicación periódica escrita integramente en galego. Só saíron á luz cinco números e deixou de publicarse o 28 de abril de 1860.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]