Saltar ao contido

Javier Vales Faílde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Francisco Javier Vales Faílde»)
Modelo:BiografíaJavier Vales Faílde

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de decembro de 1872 Editar o valor en Wikidata
Fornas, España Editar o valor en Wikidata
Morte30 de marzo de 1923 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX900691

Francisco Javier Vales Faílde, nado en Fornas (San Salvador de Camba, Rodeiro) o 7 de decembro de 1872 e finado en Madrid o 30 de marzo de 1923, foi un sacerdote e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de José María Vales García, por liña paterna era parente do que fora arcebispo de Zaragoza, Manuel García Gil, e por liña materna de José Antonio Rivadeneira, arcebispo de Valladolid. Realizou os seus primeiros estudos en Chantada e Ourense. Licenciado e doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, estudou teoloxía co seu tío Benito Faílde Ribadeneira, deán da catedral de Tui, celebrando a súa primeira misa no pazo materno de Faílde, na parroquia de Santo Estevo do Salto. Trasladouse a Madrid, onde foi nomeado vicario xeral da diocese en 1899, ocupando a cátedra de Principio de Economía Cristiá do Seminario. Foi nomeado Provisor do bispo de Madrid, Guisasola, en 1903 e en 1914 Xuíz Auditor do Tribunal da Rota. Foi capelán do rei Afonso XIII, sacerdote do Real Palacio e confesor da raíña Vitoria Uxía. Cando se suicidou en 1923, estaba proposto para bispo de Sión, Vicario xeral castrense e Patriarca das Indias.

Como escritor

[editar | editar a fonte]

Colaborador de varios xornais católicos galegos, publicou traballos de socioloxía, literatura e dereito canónico. Dende 1907 dirixiu a revista Galicia. Interesado polos temas sociais, colaborou na Revista Social, e asistiu ao Congreso Internacional para a represión da inmoralidade celebrado en Londres en 1913.

Foi membro da Academia de Ciencias Morais e Políticas, correspondente da Real Academia de Historia, vicepresidente da Real Academia de Xurisprudencia, reitor da Universidade Católica e correspondente da Real Academia Galega.

  • Emigración, 1901.
  • La emigración gallega, 1902, con prólogo de Antonino Cerviño González.
  • Un sociólogo purpurado, 1909.
  • Crisis de la familia obrera, 1910.
  • Rosalía de Castro.
  • La Rota Española.
  • Causas canónicas para el divorcio, 1916.
  • Disolución del matrimonio rato, 1921.
  • La emperatriz Isabel.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]