O Mono da Tinta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Mono da Tinta foi unha revista editada en Santiago de Compostela entre os anos 1987 e 1991 de temática principalmente cultural, na que destacan contidos de temática reivindicativa, humorística, literaria e artística.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros pasos[editar | editar a fonte]

Apareceu en 1987 dirixida e impulsada principalmente por Carlos Quiroga, quen coa axuda e o apoio de colaboradores tanto galegos coma de calquera outro punto, con intención multicultural. O primeiro número realizouse en Santiago de Compostela, onde se realizaron os tres seguintes.

Contidos[editar | editar a fonte]

Tanto o formato da revista coma o deseño de cada unha é diferente, por iso o seu contido non aparenta seguir unha única temática.

No caso dos primeiros números, trátanse dende mostras de poemas procedentes de autores de partes distintas do continente (coma textos de Euskadi ou Portugal) ata artigos que piden toma de conciencia (medio ambiente, Istambul...). Narrativa, lírica e arte gráfica forman unha estrutura firme e rica en reflexións.

Colaboradores[editar | editar a fonte]

Carlos Quiroga, Xabier Quiroga, Manuel María, Ramón Varela, Antón Risco, Celeste Craveiro, entre outros.

Notas[editar | editar a fonte]