Saltar ao contido

O Lameiro, Mañufe, Gondomar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


O Lameiro
ParroquiaMañufe
ConcelloGondomar
Coordenadas42°06′14″N 8°46′34″O / 42.10388889, -8.77625
Poboación33 hab. (2019)
editar datos en Wikidata ]

O Lameiro é un lugar da parroquia de Mañufe, no concello pontevedrés de Gondomar na comarca do Val Miñor. Segundo o INE en 2019 tiña 33 habitantes (18 homes e 15 mulleres).

Atópase a 1,3 km do centro da vila de Gondomar e a 10 metros sobre o nivel do mar.[1]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O Lameiro é unha entidade de poboación de Mañufe, constituída por un conxunto de 16 vivendas[2]  nunha contorna paisaxística marcada polas ribeiras das canles fluviais do río Pequeno (coñecido como Río do Torno, na zona[3]) e o río Miñor.

Historia e xeografía

[editar | editar a fonte]

Como en boa parte do territorio de Mañufe, os terreos de cultivo cumpriron unha función aglutinadora dende tempos afastados para familias de labregos[4]. O contorno fluvial favoreceu a irrigación e as enchentes anuais contribuíron coa achega de sedimentos e un contorno húmido sobre todo nas terras máis próximas ás ribeiras[5]. Se ben o século XX cambiou os contextos de habitabilidade na zona, sendo agora máis residencial que labrega, estas terras foron ricas en trigo, millo, centeo, patacas, legumes, liño, viño, hortaliza, froitas, e pastos polo menos até o século XIX[6].

Desta época eminentemente labrega, quedan restos como o do Acueduto da Ponte na Levada do Bravo que entraba polos barrios veciños de Texosa e Ponte. O microtopónimo As Poldras é outra pegada destes tempos, que segundo interpretación de Soliño Troncos, dá unha idea da existencia deste tipo de pasos para o gando equino[5].

A paisaxe espallada de vivendas neste lugar, amosa certa unidade grazas ao trazado dos camiños que comunican Lameiro cos outros barrios da parroquia. Destaca o que une a entidade coas veciñas da Cruz e o igrexario de Mañufe na Moreira, coñecido como Camiño do Verdeal.  Rueiro que tería unha orixe prerromana segundo defende a profesora Elisa Ferreira e recolle na súa obra Soliño Troncoso[5]. Actualmente o tramo que vai paralelo ao Miñor e une Lameiro ao leste con Ponte e ao oeste con Cruz, forma parte da estrada provincial PO-2304 . O tramo que sobe dende o barrio de Verdeal até Moreira corresponde á rúa Leopoldo Pérez.

Outra vía de interese é O Camiño dos Defuntos que comunica as terras da ribeira sur do Miñor pertencentes aos lugares de Rapadouro e Lameiro co camiño do Verdeal. A posible orixe do topónimo "dos defuntos", estaría relacionado por ser o paso histórico dos veciños das zonas antes mencionadas cara ao cemiterio e igrexario da parroquia, segundo recolle o historiador Anxo Rodríguez Lemos[7].

  1. "Parroquia de Mañufe". Concello de Gondomar. Consultado o 10/05/2020. 
  2. "Lugar de Lameiro, Mañufe, Gondomar". idealista.com. Consultado o 10/06/2020. 
  3. "Toponimia de Gondomar". Concello de Gondomar. Arquivado dende o orixinal o 26/05/2020. Consultado o 10/06/2020. 
  4. Souto González, Marta P.; Souto González, Xosé M. (1991). O Val Miñor: entre as transformacións rurais e as innovacións urbanas. Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo. pp. 53 a 66. ISBN 84-606-0314-8. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Soliño Troncoso, Antonio; Chamorro Sanromán, Juan (2018). Percorrido polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Instituto de Estudos Miñoranos. p. 106. ISBN 978-84-09-06595-0. 
  6. Madoz, Pacual (1848). "Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar". books.google.es. Consultado o 10/06/2020. 
  7. "Toponimia de Gondomar". Concello de Gondomar. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2020. Consultado o 10/06/20. 

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Mañufe

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Mañufe no concello de Gondomar (Pontevedra)

O Barco | O Campo das Bestas | A Costa | Cristillón | A Cruz | Fontán | Galisteo | A Goldra | O Lameiro | A Moreira | Nande | Penalba | Piquetes | A Ponte | A Portavedra | Pousada | O Rapadouro | San Brais | San Sebastián | Santo André | Seidóns | A Sequiña | A Texosa | O Verdeal

Parroquias de Gondomar

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Gondomar

Borreiros (San Martiño) | Chaín (Santa María) | Couso (San Cristovo) | Donas (Santa Baia) | Gondomar (San Bieito) | Mañufe (San Vicente) | Morgadáns (Santiago) | Peitieiros (San Miguel) | Vilaza (Santa María) | Vincios (Santa Mariña)