Orbiting Vehicle 1
Aparencia
(Redirección desde «OV1P»)
Orbiting Vehicle 1 ou OV1 e OV1P, foi unha serie de satélites de investigación da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzados entre 1965 e 1971.[1][2][1][3][1]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites OV1 eran pequenos satélites de investigación lanzados en primeiro lugar como carga de oportunidade durante os lanzamentos de proba de mísiles Atlas e despois mediante foguetes adicados. Estaban formados polo propio satélite e o módulo de propulsión ou OV1-PM, que por separado podía cumprir as súas propias misións, nas que se denominaba OV1P. Os satélites OV1 foron adicados a diferentes experimentos en diferentes campos, incluíndo física e bioloxía.[1][2][3]
Misións
[editar | editar a fonte]- OV1 1: adicado ao estudo dos micrometeoritos, o fondo cósmico de radio, a densidade de electróns, os campos magnéticos, a concentración de protóns e as emisión ultravioleta e infravermella da Terra. O mecanismo de separación entre satélite e foguete fallou, co que non se cumpriron os obxectivos.
- OV1 2: levaba a bordo un espectrómetro para protóns e electróns, un detector de raios X, un magnetómetro, dúas cámaras de ións equivalentes a tecido e dosímetros blindados para protóns e electróns.
- OV1 3: levaba unha cámara de ións, un espectrómetro e un experimento de simulación de torso humano de transferencia linear de enerxía. O foguete Atlas explotou durante o voo.
- OV1 4: levou a órbita experimentos de crecemento biolóxico de algas do xénero Chlorella e plantas do xénero Lemna.
- OV1 5: levaba o experimento BORE (Background Optical Radiation Experiment).
- OV1 6: adicado a despregar no espazo obxectivos ópticos.
- OV1 7: experimento de gradente gravitatorio. O motor do satélite fallou e as portas para liberar o experimento non se abriron.
- OV1 8: denominado tamén PasComSat, era unha esfera inflable usada como repetidor de comunicacións pasivo.
- OV1 9: experimento de radiación exosférica e sistema experimental de determinación da actitude.
- OV1 10: levaba a bordo dous fotómetros, un contador Geiger, un magnetómetro dual de vapor de rubidio, un telescopio de raios cósmicos pesados, mostras de materiais, un espectrómetro de Bragg de raios X e un experimento de gradente de gravidade.
- OV1 11: non chegou a separar do foguete lanzador. Ía estudar as luces nocturnas da Terra, o plasma espacial e os raios X solares entre outras cousas.
- OV1 12: levaba o experimento FARO (Flare Activated Radio-biological Observatory).
- OV1 13: levaba un contador Geiger, catro espectrómetros, un analizador magnético e outro electrostático, células solares flexibles e un experimento de fricción e desgaste.
- OV1 14: levaba un experimento de interferencia electromagnética e un telescopio Lyman alfa.
- OV1 15: levaba o experimento SPADES (Solar perturbation of atmospheric density experiment).
- OV1 16: tamén denominado LOADS 1 ou Cannonball 1, era unha esfera de alta densidade lanzada para estudar a densidade da atmosfera a baixas altitudes.
- 'OV1 17: levaba a bordo un experimento de propagación de radioondas, detectores de partículas e luz nocturna, unha baliza para calibración de seguimento de meteoros e un experimento de gradente gravitatorio.
- OV1 17A: coñecido tamén como Orbiscal 2', era o módulo de propulsión de OV1 17. Foi usado para estudar as transmisións de radio a través da ionosfera.
- 'OV1 18: estudou a ionosfera, probou unha antena de disco de alta ganancia, levaba un detector de electróns aurorais.
- 'OV1 19: levaba a bordo detectores para os cintos de Van Allen.
- OV1 20: coñecido tamén como LOADS 2', tiña a mesma misión que LOADS 1.
- 'OV1 20P: levaba dous experimentos a bordo, un analizador de protóns enerxéticos e un detector termal de fluxo de partículas.
- 'OV1 21: levaba a bordo varios experimentos para estudar a atmosfera superior.
- 'OV1 21P: levaba un espectrómetro de masas, un experimento de composición atmosférica e un experimento de resonancia.
- 'OV1 86: levaba a bordo varios radiómetros e interferómetros, un telescopio de raios cósmicos e un experimento de gradente gravitatorio.
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2][3] | Data de lanzamento[1][2][3] | Foguete lanzador[1][2][3] | Notas[1][2][3] |
---|---|---|---|
OV1 1 | 21 de xaneiro de 1965 | Atlas D | Fallo |
OV1 2 | 5 de outubro de 1965 | Atlas D | Éxito |
OV1 3 | 28 de maio de 1965 | Atlas D | Fallo |
OV1 4 | 30 de marzo de 1966 | Atlas D | Éxito |
OV1 5 | 30 de marzo de 1966 | Atlas D | Éxito |
OV1 6 | 3 de novembro de 1966 | Titan 3C | Éxito |
OV1 7 | 14 de xullo de 1966 | Atlas D | Fallo |
OV1 9 | 11 de decembro de 1966 | Atlas D | Éxito |
OV1 10 | 11 de decembro de 1966 | Atlas D | Éxito |
OV1 11 | 27 de xullo de 1967 | Atlas D | Fallo |
OV1 12 | 27 de xullo de 1967 | Atlas D | Éxito |
OV1 86 | 27 de xullo de 1967 | Atlas D | Éxito |
OV1 13 | 6 de abril de 1968 | Atlas F | Éxito |
OV1 14 | 6 de abril de 1968 | Atlas F | Éxito |
OV1 15 | 11 de xullo de 1968 | Atlas F | Éxito |
OV1 17 | 18 de marzo de 1969 | Atlas F | Éxito |
OV1 17A | 18 de marzo de 1969 | Atlas F | Éxito |
OV1 18 | 18 de marzo de 1969 | Atlas F | Éxito |
OV1 19 | 18 de marzo de 1969 | Atlas F | Éxito |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Mark Wade (2020). "OV1" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "OV1" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "OV1P" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2020.