Orbiting Vehicle 5

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Orbiting Vehicle 5 ou OV5 foi unha serie de satélites de investigación da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzados entre 1967 e 1969.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Os satélites OV5 foi unha serie de satélite de experimentación sinxelos baseados nos satélites ORS. Tiñan forma de octaedro e unha masa de arredor de 9 kg.[1][2]

Misións[editar | editar a fonte]

  • OV5 1: levaba a bordo un contador proporcional de berilio, detectores de estado sólido, fotomultiplicadores e seis contadores Geiger direccionais.
  • OV5 2: levaba varios espectrómetros omnidireccionais, contadores Geiger e detectores direccionais de protóns e electróns.
  • OV5 3: levou a cabo probas de fricción con diversos tipos de materiais.
  • OV5 4: fixo experimentos con fluídos en ebulición.
  • OV5 5: levaba un magnetómetro no extremo dun mastro, sete detectores de partículas e un receptor LVF.
  • OV5 6: usou varios detectores de estado sólido, unha copa de Faraday, un espectrómetro magnético e un magnetómetro de porta de fluxo.
  • OV5 7: levaba a bordo varios detecores de raios X solares.
  • OV5 8: fixo experimentos de fricción no baleiro.
  • OV5 9: tiña a bordo un receptor VLF, un detector de raios X solares e catro detectores de partículas.

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
OV5 1 28 de abril de 1967 Titan 3C Éxito
OV5 3 28 de abril de 1967 Titan 3C Éxito
OV5 8 16 de agosto de 1968 Atlas-SLV3 Burner 2 Fallo
OV5 2 26 de setembro de 1968 Titan 3C Éxito
OV5 4 26 de setembro de 1968 Titan 3C Éxito
OV5 5 23 de maio de 1969 Titan 3C Éxito
OV5 6 23 de maio de 1969 Titan 3C Éxito
OV5 9 23 de maio de 1969 Titan 3C Éxito
OV5 7 Non chegou a lanzarse.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2020). "OV5" (en inglés). Consultado o 27 de decembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "OV5 (ERS)" (en inglés). Consultado o 27 de decembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]