Orbiting Vehicle 2
Aparencia
Orbiting Vehicle 2 ou OV2 foi unha serie de satélites de investigación da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzados entre 1965 e 1968.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites OV2 eran pequenos satélites de investigación construídos en primeiro lugar para o programa ARENTS (Advanced Research Environmental Test Satellite), creado á súa vez para apoiar o programa Vela. O programa ARENTS cancelouse pero os satélites e instrumentos xa construídos pasaron a formar parte do programa OV2. Os satélites OV2 serían lanzados a bordo de foguetes Titan 3C de proba. Os OV2 2 e OV2 4 foron cancelados, mentres que dos tres restantes só o último chegaría a órbita.[1][2]
Misións
[editar | editar a fonte]- OV2 1: proba dun motor de propelente sólido e estudo de campos, plasma e campo magnético.
- OV2 2: sensores ópticos. Cancelado.
- OV2 3: experimentos solares. Lanzamento fallado.
- OV2 4: medicións ópticas desde unha órbita transluar. Cancelado.
- OV2 5: levaba detectores de centeleo, unha copa de Faraday, unha trampa esférica de ións, dous analizadores electrostáticos, un magnetómetro, un receptor de VLF, unha baliza e un fotómetro ultravioleta para a liña Lyman alfa.
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
OV2 1 | 15 de outubro de 1965 | Titan 3C | Fallo |
OV2 2 | Titan 3C | Cancelado | |
OV2 3 | 21 de decembro de 1965 | Titan 3C | Fallo |
OV2 4 | Titan 3C | Cancelado | |
OV2 5 | 26 de setembro de 1968 | Titan 3C | Éxito |