Nymphalis antiopa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nymphalis antiopa é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Nymphalidae, amplamente distribuída por Eurasia e Norteamérica.

Características[editar | editar a fonte]

As súas ás granate escura caracterízanse por un bordo amarelo, que ten xunto a el unha banda de puntos azuis iridiscentes. Vistas de preto, as ás son iridiscentes. Ten unha envergadura de 73 a 86 mm. Ás veces aparece unha variación, cando a pupa estivo exposta a temperaturas infrecuentemente baixas, en que a banda amarela é máis ampla que o normal, e non presenta as manchas azuis. Envergadura 57-101 mm.[1]

A eiruga chega a medir 50 mm. Ten pelos irritantes.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Vive en Norteamérica, entre a liña da tundra de Canadá e Alaska polo norte, até a rexión central de México polo sur. Tamén é posible atopala en moi raras ocasións no norte de América do Sur. Tamén habita o norte de Eurasia, desde Inglaterra até Xapón. Vive en cursos de ríos, bordos de bosque ou zonas boscosas abertas e parques.[1]

Alimentación[editar | editar a fonte]

As súas eirugas aliméntanse das follas de árbores deciduos, entre os que se atopan os olmos e salgueiros. Os adultos aliméntanse do zume das árbores, e de froita en descomposición, de maneira moi infrecuente aliméntanse do néctar das flores. Pasan o inverno no estadio adulto e por iso son das primeiras bolboretas que voan na primavera.[1]

Subespecies[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Fonseca, V. 2000. "Nymphalis antiopa", Animal Diversity Web. Consultado o 23 de abril de 2009.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]