Nular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

En morfosintaxe, o número nular refírese a cando a flexión numérica dunha verba (artigo, nome, adxectivo etc.) ten unha forma especial para referirse a 0 obxectos. Igual que en galego o singular usado para só un obxecto aparece normalmente nunha forma distinta do plural que se aplica para varios, hai linguas (por exemplo o letón) que utilizan outra forma flexiva distinta máis para cando non hai obxectos. Así, o letón usa o singular para un obxecto, o plural para máis dun, e o nular para ningún. Poderían considerarse un caso especial disto os negadores en inglés no one ou none, nobody e nowhere.

As linguas sen número nular botan man ou ben do singular ou ben do plural. O inglés e outras linguas xermánicas e a maioría das linguas románicas aproveitan o plural (zero Fernstern en alemán), mentres que o francés e o portugués en Brasil utilizan o singular (zero janela en brasileiro).