Noureddine Bedoui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Noureddine Bedoui
Noureddine Bedoui - 2018.jpg
Nacemento22 de decembro de 1959
 Aïn Taya
NacionalidadeAlxeria
Alma máterNational School of Administration (Algeria)
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Noureddine Bedoui (en árabe: نور الدين بدوي‎), nado en Ain Taya, na vilaia de Alxer, o 22 de decembro de 1959, é un político alxeriano, actual Primeiro ministro de Alxeria.

Foi Ministro do Interior dende 2015 a 2019. Trala dimisión de Ahmed Ouyahia, como consecuencia das protestas de 2019 en toda Alxeria, foi nomeado primeiro ministro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixe e educación[editar | editar a fonte]

Noureddine Bedoui naceu o 22 de decembro de 1959 en Ain Taya, na vilaia de Alxer.

En 1985, ingresou na Escola Nacional de Administración (ENA) na promoción Mohamed Laid Al Khalifa. Graduouse e despois converteuse en auditor do Tribunal de Contas, despois funcionario de vilaia e varias veces valí ou gobernador (das vilaias de Sidi Bel Abbes, Bordj Bou Arreridj e Setif e Constantina).[1][2]

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Sen etiqueta partidista,[3] foi Ministro de formación e educación profesional dende o 11 de setembro de 2013 ata o 14 de maio de 2015, antes de ser nomeado Ministro do Interior o 14 de maio de 2015.[4]

O 12 de marzo de 2019 converteuse en Primeiro Ministro, tras a renuncia de Ahmed Ouyahia e o anuncio de Abdelaziz Bouteflika de non presentarse ás eleccións presidenciais, tras as manifestacións masivas que se sucederon durante semanas por todo o país.[5][6][7] O 14 de marzo anunciouse a formación dun novo goberno para finais da semana seguinte como moi tarde.[8] O prazo máximo foi superado e finalmente formouse o 31 de marzo.[9] Dous días despois, o 2 de abril, o presidente Abdelaziz Bouteflika dimitiu.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Algérie : dix choses à savoir sur Noureddine Bedoui, le nouveau Premier ministre" (en francés). 16 de maio de 2018. Consultado o 5 de abril de 2019. 
  2. "Le nouveau Premier ministre, Noureddine Bedoui" (en francés). 11 de marzo de 2019. Consultado o 5 de abril de 2019. 
  3. "Pas de cinquième mandat pour Bouteflika qui... reste au pouvoir" (en francés). 11 de marzo de 2019. Consultado o 5 de abril de 2019. 
  4. "Biografía" (en francés). Consultado o 5 de abril de 2019. 
  5. "Noureddine Bedoui es el nuevo primer ministro de Argelia" (en castelán). 14 de marzo de 2019. Consultado o 5 de abril de 2019. 
  6. "Les dernières heures d’Ahmed Ouyahia à la tête du gouvernement" (en francés). 11 de marzo de 2019. Consultado o 5 de abril de 2019. 
  7. "Algérie : le Premier ministre Ahmed Ouyahia démissionne, Noureddine Bedoui le remplace" (en francés). 11 de marzo de 2019. Consultado o 5 de abril de 2019. 
  8. "Algérie: le Premier ministre promet un gouvernement d’ici la semaine prochaine" (en francés). 14 de marzo de 2019. Consultado o 5 de abril de 2019. 
  9. "Bouteflika "nomme un nouveau gouvernement"" (en francés). 31 de marzo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2019. Consultado o 5 de abril de 2019. 
  10. "Buteflika fai efectiva a súa dimisión ante a ameaza de inhabilitación". Faro de Vigo. 3 de abril de 2019. Consultado o 5 de abril de 2019.