Norman Sheffield
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de setembro de 1939 Enfield, Reino Unido (pt) |
Morte | 20 de xuño de 2014 (74 anos) Cornualla, Reino Unido |
Actividade | |
Ocupación | axente de talentos, representante artístico |
Norman Sheffield, nado en Enfield o 25 de setembro de 1939 e finado en Cornualla o 20 de xuño de 2014, foi un músico e publicista, moi lembrado pola súa implicación na produción e na industria da gravación musical, propietario dos Trident Studios, e especialmente por ser o primeiro representante da banda de rock británica Queen.[1]
Traxectoria musical
[editar | editar a fonte]Foi batería de The Hunters, con quen logrou certo éxito, e tamén tocou a percusión nun espectáculo televisivo no London Palladium, en 1958, xunto con Cliff Richard. Máis recentemente, un dos maiores éxitos de The Hunters, "Teen Scene", figurou na banda sonora da película An Education, de 2009.
Logo inaugurou coa súa muller unha tenda de discos en Waltham Cross, Hertfordshire (Inglaterra) e máis tarde converteu o piso superior nun estudio de gravación para que os músicos locais que o desexasen puidesen gravar alí a súa propia música. Finalmente vendeu a tenda e procurou un local máis grande en Londres, e moito do equipamento orixinal foi comprado polo fundador de Island Records.
Trident Studios
[editar | editar a fonte]Sheffield continuou co lanzamento de Trident Studios en 1968, co seu irmán Barry, na zona do Soho londiniense, que chegaron a converter nun dos estudios de gravación máis importantes do mundo. O estudio traballou con moitos dos mellores artistas da época e gravou cancións lendarias, como "Hey Jude", con The Beatles, "Space Oddity", con David Bowie, ou "Candle in the Wind", con Elton John.[2]
Queen
[editar | editar a fonte]Entre 1972 e 1975, Sheffield, a través dunha das súas empresas dentro do grupo Trident, foi o representante do grupo británico de rock Queen, así como outros artistas do momento.
Trident investiu moito na banda anteriormente coñecida sinxelamente como Smile, cando os seus membros eran estudantes, e finalmente conseguiulles un contrato de gravación con EMI. Publicouse moito acerca de que Sheffield tratou inxustamente á banda, o cal foi fortemente negado por el en diversas entrevistas e máis tarde nas súas memorias.[3] "Death on Two Legs" a canción escrita máis tarde Freddie Mercury, estaba baseada nestes problemas de relación con Sheffield.
Pouco despois da morte de Sheffield en xuño de 2014, Brian May escribiu na súa memoria no seu blog persoal.[4]
Mesmo despois da ruptura con Queen, unha das outras empresas do grupo de Sheffield, Trilion Video, foi contratada por Queen para producir o videoclip de "Bohemian Rhapsody", en 1975, que adoita ser considerado como o primeiro videoclip moderno.[5][6]
As súas memorias
[editar | editar a fonte]En 2013, Sheffield publicou as súas memorias co título de "Life on Two Legs: Set The Record Straight"[7], onde saca á luz a historia interior de Trident Studios, como empezou todo e como medrou ata chegar a gravar a música que o converteu nun dos estudios máis famosos do mundo. Tamén detalla como descubriu e xestionou a carreira de Queen.
O libro contén fotos exclusivas, historias non contadas anteriormente sobre os artistas que gravaron en Trident Studios durante a súa historia e copias dos contratos orixinais de Queen a partir de 1974.[8] O libro está prologado por Paul McCartney.
Outros negocios
[editar | editar a fonte]Co crecemento da música electrónica e dos estudios domésticos na década dos 80, a industria de música sufriu grandes transformacións e Sheffield vendeu o estudio e estableceu un dos primeiros comercios de venda de computadores Apple no Reino Unido, importándoos dos Estados Unidos.
Máis tarde, xunto cos seus fillos fundou Tableau, unha axencia publicitaria, na que envorcou os seus coñecementos anteriores da industria do entretemento e a súa experiencia adquirida ao publicitar os primeiros computadores. A axencia foi a responsable das primeiras campañas de reserva en liña da compañía EasyJet, ademais doutras campañas publicitarias moi salientables, e conseguiu premios moi importantes neste sector.
Morte
[editar | editar a fonte]Sheffield morreu en Cornualla, no Reino Unido, en xuño de 2014, aos 75 anos. Padecía cancro de gorxa.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Noticia da morte de Norman Sheffield no xornal "Hertfordshire Mercury".". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2014. Consultado o 30 de marzo de 2016.
- ↑ "Trident Studios en Facebook.".
- ↑ "Reportaxe da BBC titulado "Freddie's Millions" (2004).".
- ↑ ""Brian May's SoapBox Tribute".". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 30 de marzo de 2016.
- ↑ Medium cool: music videos from soundies to cellphones. P. 157. Duke University Press. 2007.
- ↑ "Historia da banda Queen".
- ↑ ""Life on Two Legs". Norman Sheffield. Trident Management Ltd. 2013 [ISBN 978-0957513303]".
- ↑ ""Life in two Legs". Norman Sheffield. En Facebook.".
- ↑ "Noticia da morte de Norman Sheffield en PSN Europe.". Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2016. Consultado o 30 de marzo de 2016.