The Hunters (grupo musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Hunters (en galego: "Os cazadores") era unha banda instrumental británica que mantivo a súa actividade desde finais da década de 1950 ata principios da de 1960.

Orixinal da zona de Cheshunt, en Hertfordshire, e formada a partir do que quedaba de The Parker Royal Five, The Hunters comezou como grupo de apoio a outros artistas de sona, tanto británicos como provenientes dos Estados Unidos, como Bobby Rydell, Jimmy Jones, The Allisons, Frank Ifield, The Avons, Mark Wynter, Kenny Lynch e Michael Cox.[1] O seu primeiro éxito salientable foi "Sweet Dreams", do selo Columbia, como banda de apoio do cantante Dave Sampson, que acadou o número 29 nas listaxes en maio de 1960. Sampson escribira a canción pensando en que a cantase o seu amigo e Cliff Richard, mais o produtor Norrie Paramor pensou que a canción se adaptaba máis ao propio Sampson.[2] A banda gravou en total catro sinxelos e un maxisingle con Dave Sampson en Columbia Records, e cinco sinxelos e mais dous álbums en Fontana, entre 1960 e 1964.[3]

A banda tamén actuou con Cliff Richard substituíndo a The Shadows, que non estaba dispoñible debido a un accidente de coche, incluíndo, entre outras, unha aparición no Sunday Night at the London Palladium, un espectáculo de televisión de 1958.

Despois de The Hunters, o guitarrista principal, Brian Parker, o baixista, John Rogers, e o guitarrista de acompañamento, Norman Stracey, pasáronse a The Roulettes (non todos ao mesmo tempo), unha banda que actuou como grupo de apoio do cantante Adam Faith. O batería Norman Sheffield pasou a fundar os Trident Studios co seu irmán en Londres, utilizado por moitos artistas de gran prestixio para as súas gravacións desde finais dos anos 1960 e durante toda a década seguinte, especialmente por Queen, a quen Sheffield representou nos primeiros anos da súa carreira, conducindo o grupo cara aos seus primeiros éxitos.

Máis recentemente, The Hunters reviviu un dos seus éxitos en 2009 cando a súa peza instrumental "Teen Scene" se utilizou na banda sonora do filme An Education.

Membros de banda[editar | editar a fonte]

The Hunters

  • Norman Sheffield: percusión.
  • Norman Stracey: guitarra rítmica, composición.
  • Brian Parker: guitarra solista e composición.
  • Johnny Rogers: baixo.

Dave Sampson and The Hunters

  • Dave Sampson: voz solista.

Discografía[editar | editar a fonte]

Sinxelos e maxisingles[editar | editar a fonte]

Dave Sampson and The Hunters[editar | editar a fonte]

  • "Sweet Dreamss" / "It's Lonesome" - Columbia. 1960.
  • "See You Around" / "If You Need Me" Columbia. 1960.
  • "Why The Chicken?" / "1999" - Columbia. 1961.
  • "Easy to Dream" / "That's All" - Columbia. 1961.
  • "Dave EP" - "Sweet Dreamss" / "It's Lonesome" / "If You Need Me" / "See You Arround" - Columbia. 1961.

The Hunters (sen Dave Sampson)[editar | editar a fonte]

  • "Teen Scene" / "Santa Monica Flyer" - Fontana. 1960.
  • "Golden Earrings" / "Tally Ho" - Fontana. 1961.
  • "The Storm" / "How's M'Chicks?" - Fontana. 1961.
  • "Teen Scene" (nova versión) / "Someone Else's Baby" - Fontana. 1964.

Dave Sampson (acompañamento)[editar | editar a fonte]

  • "Wide, wide world" / "Since Sandy Moved Away" - Fontana. 1962.

Álbums[editar | editar a fonte]

  • Teen Scene. The Hunters play The Big Hits - Fontana. 1961.
  • Hits from The Hunters - Fontana. 1962.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Yesterdays Gold: The Hunters (UK)". Yesterdaysgold.blogspot.co.uk. 2010-07-20. Consultado o 2013-10-08. 
  2. "Top Twenty Club: The Artists 1960". Toptwentyclub.blogspot.com. 2009-09-29. Consultado o 2013-10-08. 
  3. "The Hunters Discography - UK". 45cat. 1961-04-14. Consultado o 2013-10-08.