Norma Pensado Moreno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNorma Pensado Moreno

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de maio de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Nacional Autónoma de México Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomática , embaixador Editar o valor em Wikidata
Premios

Norma Bertha Pensado Moreno, nada en Cidade de México o 1 de maio de 1958, é unha diplomática mexicana de carreira, membro do Servizo Exterior Mexicano desde 1991. Actualmente traballa como embaixadora de México ante a Federación de Rusia e en forma concorrente ante a República de Armenia e Belarús.[1] É a primeira muller que encabeza a embaixada de México en Rusia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A embaixadora Pensado Moreno é licenciada en Economía pola Facultade de Economía da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM). Titulouse no ano de 1981 coa tese “América Latina: Un difícil camino a la integración".[2]

Realizou cursos en materia de política exterior e diplomacia como “Globalization and the New Global Economy”, da Universidade de Oxford, Yale e Stanford e “Políticas de Comercio Exterior en América Latina” de CEPAL/UNCTAD/OEA/PNUD/ILPES, entre outras.[2]

É membro asociado do Consello Mexicano de Asuntos Internacionais COMEXI.[3]

Ingresou no Servizo Exterior Mexicano en setembro de 1991. Na Secretaría de Relacións Exteriores traballou como Directora de Intercambio Académico e Bolsas na Dirección Xeral de Asuntos Culturais (1992-1994), Directora Xeral para Europa (2004-2006) e Directora Xeral para América Latina e o Caribe (2011-2012). En 2012 foi nomeada como Subsecretaria para América Latina e o Caribe polo presidente Felipe Calderón.[4]

No exterior, traballou como representante Alterna na Misión Permanente de México ante os Organismos das Nacións Unidas con sede en Viena, Austria (1994-1997), como Conselleira na Delegación de México ante a OCDE, en París, Francia (1998-2001) e como Xefa de Chancelería na embaixada de México en Suecia (2001-2004).[5]

En 2006 ascendeu ao rango de embaixadora e foi nomeada Embaixadora Extraordinaria e Plenipotenciaria ante o Reino de Suecia, concorrente ante as Repúblicas de  Letonia e Lituania (2006-2011).[2] Posteriormente, foi nomeada embaixadora ante a República de Finlandia con concorrencia ante a República de Estonia (2013-2017).[6] Actualmente traballa como Embaixadora Extraordinaria e Plenipotenciaria ante a Federación de Rusia concorrente ante a República de Belarús e a República de Armenia, cuxo nomeamento foi en 2017.[7]

En 2018 encabezou as accións de asistencia e protección consular dos mexicanos durante a Copa Mundial de Fútbol Rusia 2018, cuxo resultado e bo desempeño foi recoñecido pola Comisión Permanente do Congreso da Unión de México.[8] Representou a México en numerosas conferencias e reunións internacionais no marco da ONU, a OCDE[9] e organismos do Sistema Interamericano.[2]

Participou en diversos foros tanto en México como en países de Europa e América Latina, como conferenciante e panelista sobre asuntos internacionais, política exterior de México, asuntos de xénero, entre outros.[10]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Condecoración “Servizo Exterior Mexicano –25 anos” outorgada pola Secretaría de Relacións Exteriores.
  • Orde Real da Estrela Polar en grao de Comendador con Gran Cruz outorgada polo Reino de Suecia.[11]
  • Orde do León de Finlandia en grao de Comendador con Gran Cruz outorgada pola República de Finlandia.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Embajadora de México presenta cartas credenciales al gobierno ruso" (en castelán). Consultado o 9 de novembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Embajadora" (en castelán). Consultado o 9 de novembro de 2018. 
  3. "COMEXI". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2018. Consultado o 9 de novembro de 2018. 
  4. México, El Universal, Compañia Periodística Nacional. "Nombra FCH nueva subsecretaria para América Latina y El Caribe". El Universal (en castelán). Consultado o 9 de novembro de 2018. 
  5. OECD (26 de agosto de 1999). China in the Global Economy Agriculture in China and OECD Countries Past Policies and Future Challenges (OECD Proceedings): Past Policies and Future Challenges (OECD Proceedings) (en inglés). OECD Publishing. ISBN 9789264173293. Consultado o 9 de novembro de 2018. 
  6. República, Senado de la. "Senado de la República" (en castelán). Consultado o 9 de novembro de 2018. 
  7. "Ratifica el Senado a 19 embajadores". Excélsior (en castelán). 28 de abril de 2017. Consultado o 9 de novembro de 2018. 
  8. "DICTAMEN CON PUNTO DE ACUERDO POR EL QUE LA COMISIÓN PERMANENTE RECONOCE Y FELICITA A LA EMBAJADA DE MÉXICO EN RUSIA POR LAS ACTIVIDADES DE ASISTENCIA Y PROTECCIÓN CONSULAR REALIZADAS EN EL MARCO DEL MUNDIAL DE FÚTBOL RUSIA 2018." (PDF). 
  9. OCDE, ed. (2015). "Global Education Industry SummitHelsinki, 19-20 de outubro de 2015. Who’s who Biographie des participants" (PDF). 
  10. "Norma Bertha Pensado Moreno, Ambassador of Mexico to Finland". 
  11. "Dictamenes de permisos constitucionales LX Legislatura". Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2016. Consultado o 9 de novembro de 2018. 
  12. "Vuonna 2017 ulkomaalaisille annetut kunniamerkit – Utmärkelsetecken förlänade åt utlänningar 2017" (en finés e sueco). Suomen Valkoisen Ruusun ja Suomen Leijonan ritarikunnat. Consultado o 2022-09-07.