Norberto Recamán Lago
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1914 Cee, España |
Morte | 9 de decembro de 1936 (21/22 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista |
Lingua | Lingua castelá |
Norberto Recamán Lago, nado en Cee cara a 1914 e finado na Coruña o 9 de decembro de 1936, foi un sindicalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Empregado da Fábrica de Carburos Metálicos de Cee. Sindicalista da UGT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi fusilado en Punta Herminia o 9 de decembro de 1936.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Fernández Prieto, Lourenzo; et al. (2011). A represión franquista na comarca da Coruña. Santiago de Compostela: Edicións Laiovento. ISBN 978-84-8487-288-7.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Norberto Recamán Lago na páxina web Nomes e Voces.