Nona Inés Vilariño
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Nona Inés Vilariño | |
---|---|
Nome completo | Nona Inés Vilariño |
Nacemento | 19 de abril de 1944 |
Ferrol | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Nona Inés Vilariño Salgado, nada en Ferrol o 19 de abril de 1944, é unha política galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Filosofía e Letras e diplomada en Orientación Escolar, foi profesora de Bacharelato e profesora do I.C.E. da Universidade de Santiago de Compostela. Membro do Partido Gallego Independiente, foi deputada por UCD nas dúas primeiras lexislaturas. Primeira tenente de alcalde do concello de Ferrol, tamén foi deputada provincial. Estivo embarcada no DC-8 que sufriu o accidente da Lavacolla en 1978.