Etelvino Blanco
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1955 Señorín, España |
Morte | 11 de xullo de 2019 (63/64 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista |
Lingua | Lingua galega |
Familia | |
Fillos | Noela Blanco |
Etelvino Blanco Rodríguez, nado no Carballiño en 1955 e finado en Ourense o 11 de xullo de 2019, foi un sindicalista e político galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na parroquia de Señorín, e foi o introdutor do sindicalismo nacionalista no seu concello en 1977 primeiro da man da Intersindical Nacional Galega que deu lugar á INTG en 1981. Logo da formación da CIG, foi o seu secretario comarcal en Ourense dende 1994 ata 2017.[2] Nas eleccións municipais de 2019 foi o candidato á alcaldía de Ourense por Ourense Mellor.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Muere Etelvino Blanco, histórico del sindicalismo en Galicia" Faro de Vigo, 11/7/2019 (en castelán).
- ↑ "A VII Asemblea da CIG de Ourense escolle a Anxo Pérez Carballo novo secretario comarcal". CIG, 11/6/2017.