Niuatoputapu
| Tipo | illa | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Parte de | Grupo Niuas | ||||
| Situado na entidade xeográfica | Tonga | ||||
| Localización | |||||
| División administrativa | Grupo Niuas, Tonga | ||||
| |||||
| Bañado por | océano Pacífico | ||||
| Características | |||||
| Altitude | 157 m | ||||
| Superficie | 18 km² | ||||
A illa de Niuatoputapu ou Traidores é a illa principal do grupo Niuas, ao norte de Tonga. Está situada a 167 km ao norte de Vava'u e a 516 km ao norte de Tongatapu.
A illa é de orixe volcánico. A parte central boscosa, de 157 metros de altitude, é o antigo cráter erosionado. O litoral baixo é un antigo arrecife coralino que creceu ao redor do volcán e foi cuberto de cinzas volcánicas. Hoxe en día outro arrecife coralino pecha unha lagoa ao redor da illa. A superficie total é de 18 km².
A vila principal é Hihifo, situada ao noroeste da illa. É o centro administrativo, sede do axente do goberno e da policía. A poboación total, no censo de 1996, era de 1.161 habitantes. Dispón dun aeroporto.
Niuatoputapu foi descuberta polos holandeses Le Maire e Schouten en 1616. Mentres estaban negociando para intercambiar víveres foron atacados por sorpresa e chamárona Verraders Eylandt, illa dos Traidores, nome que coa forma inglesa ou francesa mantívose durante un tempo nos mapas da época, ata que o inglés Samuel Wallis en 1767, denominouna Keppel Island en honra a Augustus Keppel, primeiro Lord do Almirantado.
