Nicodemus Tessin o Vello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nicodemus Tessin o Vello
Nacemento7 de decembro de 1615
Lugar de nacementoStralsund
Falecemento24 de maio de 1681
Lugar de falecementoEstocolmo
NacionalidadeSuecia
Ocupaciónarquitecto
FillosNicodemus Tessin o Novo
Coñecido porCatedral de Kalmar e Gripenberg Castle
editar datos en Wikidata ]
Castelo Skokloster.

Nicodemus Tessin o Vello, nado en Stralsund en 1615 e finado en Estocolmo en 1681, foi un importante arquitecto barroco sueco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi discípulo do francés Simon de La Vallée, que era arquitecto de corte en Suecia. Logo dunha viaxe a través de Europa nos anos 1651-1652, volveu a Suecia. No 1661 foi nomeado arquitecto da cidade de Estocolmo. A súa principal obra é o Castelo de Drottningholm realizado nun estilo barroco personalizado, derivado das escolas neerlandesa, francesa e italiana. Realizou ademais numerosas pequenas edificacións na capital sueca. O seu fillo Nicodemus o Novo suceuno como principal arquitecto sueco.

Obras principais[editar | editar a fonte]

  • Catedral de Kalmar (1660), con planta de cruz grega con torretas angulares.
  • Castelo de Drottningholm, iniciado en 1662, hoxe Patrimonio da humanidade.
  • Casa do concello de Gotemburgo (1670)
  • Mausoleo de Carlos anexo á igrexa de Riddarholm en Estocolmo (proxecto de 1671), cunha espléndida columnata externa.
  • Castelo Skokloster, en Slottskogen.
  • Palacete Wrangel, en Estocolmo.