Nick Clegg
Nick Clegg | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Período | 11 de maio de 2010 - 8 de maio de 2015 |
Antecesor | John Prescott |
Sucesor | Oficina vacante |
Membro da Cámara dos Comúns | |
Período | 2005 - 2017 |
Datos persoais | |
Nacemento | 7 de xaneiro de 1967 |
Chalfont St Giles, Buckinghamshire | |
Organización | Partido Liberal Demócrata |
Pai | Nicholas P. Clegg |
Nai | Eulalia Hermance van den Wall Bake |
Cónxuxe | Miriam González Durántez |
Fillos | Antonio Clegg, Alberto Clegg e Miguel Clegg |
Alma máter | Robinson College, Universidade de Minnesota, Westminster School, Caldicott School e Colégio da Europa |
Profesión | Político |
Relixión | ateísmo agnóstico |
![]() | |
Na rede | |
http://www.nickclegg.org.uk/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nicholas William Peter Clegg, máis coñecido como Nick Clegg, nado o 7 de xaneiro de 1967 en Chalfont St Giles (Inglaterra), é un consultor e antigo político británico.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Deputado no parlamento británico por unha circunscrición de Sheffield, no ano 2007 foi escollido líder do Partido Liberal Demócrata. Nas eleccións ao parlamento británico de 2010 o seu partido aumentou amplamente os votos e os escanos, e entrou nun goberno de coalición co Partido Conservador, presidido por David Cameron. Desde o 11 de maio de 2010 ocupou o cargo de viceprimeiro ministro do Reino Unido, posición que retivo toda a lexislatura. Nas eleccións de maio de 2015 o seu partido sufriu unha importante derrota e dimitiu do cargo de líder dos liberaldemócratas. Nas eleccións anticipadas de 2017 foi ademais derrotado na súa circunscrición de Sheffield e abandonou a política.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Está casado con Miriam González Durántez, unha avogada de Valladolid.
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |