Ni (letra)
Aparencia
Nome da duodécima letra do alfabeto grego (νῦ); equivale ao /n/. Minúscula ν, maiúscula Ν. Adoita transcribirse como n. Provén da letra do alfabeto fenicio nūn. Como signo numérico representaba o cincuenta. En maiúscula serve tamén para designar o duodécimo canto da Ilíada de Homero e en minúscula o duodécimo da Odisea.