Saltar ao contido

Neuropreservación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Neuropreservación ou Criopreservación Neuronal ou aínda Criopreservación da Cabeza é a criopreservación do cerebro do ser humano co fin de reanimación futura e rexeneración dun corpo saudábel en torno ao cerebro.[1] Normalmente, o cerebro fica dentro da cabeza para protección física, polo que toda a cabeza é criopreservada. A neuropreservación é un tipo de procedemento dentro da criónica e, como a criónica en xeral, é considerada altamente especulativa e dependente de tecnoloxías do futuro.[2] Un paciente criónico que se somete a neuropreservación é considerado un neuropaciente. O outro tipo de procedemento de preservación criónica é a opción de preservación de corpo enteiro.

Xeralmente, o procedemento é na maioría das veces feito por causa da vitrificación do cerebro (neurovitrifiación), que aínda non foi perfeccionada a nivel de corpo enteiro, e é visto por algúns como un método superior de preservación, causando case ningún dano ao tecido.[3]

Perspectivas de recuperación futura

[editar | editar a fonte]

Os defensores da criónica afirman que serán necesarias tecnoloxías extremamente avanzadas do futuro para que a reversión criónica teña éxito, como a xa madura nanomedicina.[4] Dise que esas tecnoloxías deben necesariamente ser capaces de rexeneración de tecidos e órganos, de modo que a neuropreservación é tan probable (ou improbable) de funcionar como a criopreservación de corpo enteiro. Neuropreservación é normalmente menos custosa que a criopreservación de corpo enteiro,[5] e pode potencialmente resultar nunha mellor preservación do cerebro, xa que o proceso pode ser optimizado para o cerebro. As neuropreservacións son máis fáciles de manter, e ata agora ningunha foi perdida por desconxelación.[6]

O hipotético proceso de recuperación futura [7] consiste en envolver células de programación no cerebro para rexenerar un novo corpo ao redor do cerebro reparado dentro dun ambiente fluído de soporte á vida, necesitando de tecnoloxía de reparación célula por célula, como a criónica en xeral precisa.[2] Os medios de comunicación ás veces informan que son esperados novos corpos a partir de clonaxe, pero algúns expertos criónicos descartan a clonaxe,[2][8] alegando que nada tan bruto como a transferencia nuclear ou os transplantes será algunha vez preciso empregar na criónica. Eles cren que os métodos utilizados para a recuperación de neuropacientes serán unha extensión de tecnoloxías médicas tradicionais que un día han ser desenvolvidas para rexenerar membros perdidos e tratar de graves traumas.[2]

Outra tecnoloxía igualmente especulativa para a reanimación de neuropacientes ou pacientes criónicos é a transferencia da mente. Aínda que filosoficamente máis radical, transferir o contido de información dun cerebro criopreservado a un cerebro artificial pode ser nin máis nin menos viable que rexenerar un corpo biolóxico, especialmente para unha sociedade con tecnoloxía capaz de reavivar o tecido cerebral criopreservado.

Teñen sido apuntadas varias vantaxes da neuropreservación en relación á criopreservación de corpo enteiro.[2] Estas inclúen custos máis baixos para o paciente e para o almacenamento, maior transportabilidade en caso de desastre, facilidade para alcanzar o cerebro con crioprotectores e así, unha mellor posibilidade de que o cerebro sexa preservado, e un arrefecimento máis rápido que pode aumentar a probabilidade de recuperación futura.[2] Aubrey de Grey ten teorizado que os neuropacientes serán reanimados despois de seren mellorados os procedementos en pacientes de corpo enteiro, e polo tanto teñen mellores probabilidades de recuperación.[9]

A neuropreservación foi proposta por primeira vez en 1965 por Evan Cooper. Foi proposta novamente nun xornal de ciencia especulativa polo xerontoloxista George M. Martin en 1971, e unha vez máis en 1974 por Mike Darwin e por Fred e Linda Chamberlain. Os Chamberlain foron os fundadores da Alcor Life Extension Foundation. En 1976 o pai de Fred tornouse o primeiro de moitos neuropacientes na Fundación Alcor.[10]

Antes do ano 2000, a neuropreservación era realizada por separación cirúrxica do corpo da cabeza (chamado de illamento cefálico ou "neuroseparación") no final da perfusión crioprotectora realizada na parte superior do corpo mediante a aorta ascendente.[2] Despois dese ano, a Fundación Alcor comezou a realizar o illamento cefálico antes da perfusión crioprotectora, en hipotermia profunda, e a seguir usar as arterias carótide e vertebral directamente para perfusión con crioprotectores.

A partir de 2008, Alcor e KrioRus pasaron a ser as únicas organizacións criónicas que ofrecen a posibilidade de neuropreservación. Outras organizacións, como Cryonics Institute evitan iso porque din que é malo para as relacións públicas. Alcor e KrioRus alegan que existen boas xustificacións técnicas para a neuropreservación e que van continuar a ofrecela. Aproximadamente tres cuartas partes dos pacientes criónicos almacenados na Fundación Alcor son neuropacientes.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2011. Consultado o 13 de novembro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Bridge, Steve (1995). "The Neuropreservation Option: Head First into the Future". Cryonics. Alcor Life Extension Foundation. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2012. Consultado o 2009-08-25. 
  3. Schweid, Richard (2006). Hereafter: Searching for Immortality. Thunder's Mouth Press. p. 45. ISBN 1560256575. 
  4. Regis, Ed (1991). Great Mambo Chicken And The Transhuman Condition: Science Slightly Over The Edge. Westview Press. pp. 81–82. ISBN 0201567512. 
  5. Quigley, Christine (1998). Modern Mummies: The Preservation of the Human Body in the Twentieth Century. McFarland. p. 143. ISBN 0786404922. 
  6. Perry, R. Michael (2000). Forever for All: Moral Philosophy, Cryonics, and the Scientific Prospects for Immortality. Universal-Publishers. p. 40. ISBN 1581127243. 
  7. http://www.alcor.org/Library/html/caseforneuropreservation.html
  8. http://www.alcor.org/FAQs/faq02.html#cloning
  9. Fryer, Jane (2006). "The Britons dying to get into the human deep freeze". Daily Mail. Consultado o 2009-08-25. 
  10. Chamberlain, Fred & Linda (July 16, 2006). "FRC Jr.". Lifepact. Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2013. Consultado o 2008-05-20. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]