Criopreservación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Criopreservación de rebentos de plantas.

Criopreservación ou crioconservación é un proceso onde células ou tecidos biolóxicos son preservados a través da conxelación a temperaturas moi baixas, xeralmente −196 °C (o punto de ebulición do nitróxeno líquido).

Criopreservación de células estaminais[editar | editar a fonte]

A criopreservación de células estaminais é a técnica de illar e manter as células nai a baixas temperaturas para que toda a súa composición permaneza inalterada e a súa viabilidade mantida por tempo indefinido. O proceso de criopreservación require que as mostras de sangue, que contén células nai, sexan sometidas a un arrefriamento moderado e controlado para salvagardar a viabilidade das células. Tras a chegada á temperatura de 196 º negativos as células estaminais poderán ser mantidas neste estado por tempo indefinido.

Proceso[editar | editar a fonte]

No momento que as mostras de sangue, que conteñen as células estaminais, chegan ao laboratorio procédese ao procesamento de viabilidade, en que é feita a contaxe* celular que determina o número de leucocitos, o número de células mononucleadas e o número de células CD34+. Esta fase engloba, ademais, as probas que indicarán se a mostra está ou non contaminado por bacterias, virus ou fungos. Tras a separación celular, en que son separadas as células estaminais das varias células que constitúen o noso sangue, procédese á fase da Criopreservación - cada mostra é debidamente identificada e rotulada procedéndose, de seguida, á baixada gradual de temperatura, a unha velocidade controlada dos 4 º C ata os 120 º C negativos. A continuación a mostra colócase nun contedor de nitróxeno líquido á temperatura de -196 º C, podendo ser criopreservada por tempo indeterminado. O control de baixada de temperatura diminúe a posibilidade de perda de viabilidade celular da mostra evitando a formación de cristais de xeo no seu interior.