Nestor Outer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nestor Outer
Nacemento2 de abril de 1865
Lugar de nacementoVirton
Falecemento30 de abril de 1930
Lugar de falecementoVirton
NacionalidadeBélxica
Alma máterAcademia Real de Belas-Artes de Bruxelas
Ocupaciónpintor
editar datos en Wikidata ]
Après la bataille. Acuarela de Nestor Outer realizada durante a primeira guerra mundial.

Nestor Outer, nado en Virton o 2 de abril de 1865 e finado na mesma localidade o 30 de abril de 1930, foi un pintor e escritor belga na variedade gaumesa do lorenés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de pequenos comerciantes, dende moi novo se apaixonou coa pintura e estudou na Academia de Belas Artes de Bruxelas, e despois baixo a dirección do orientalista Jean-François Portaels. Logo de rematar os estudos en 1890 volveu á súa vila natal como profesor de debuxo; especializouse na pintura en acuarela con máis de 300 obras realizadas, aínda que tamén pintou unhas trinta ao óleo [1]. Na súa pintura predoniman os temas e paisaxes rurais locais mais tamén lle gustaban os temas orientais e exóticos, con temas recollidos das súas viaxes por Oriente e os países mediterráneos. Foi un dos fundadores e colaborou na revista literaria e humorística Le Gaumais[2][3] que se publicou entre 1903 e 1904. Durante a primeira guerra mundial a súa obra converteuse en testemuña dos acontecementos bélicos[4].

Obra en lorenés[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Li Sint-Djan-Batisse (1 acto, 1904)
  • Li siervante (2 actos, 1919)
  • On woeyaedje di moirt (1 acto, 1925)

Prosa[editar | editar a fonte]

  • Li tchesse å bos (1906) [5]

Obra en francés[editar | editar a fonte]

Crónicas de viaxes[editar | editar a fonte]

  • Au pays de la soif (1901)
  • Une croisière en Méditerranée, (1910)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bodson, Bernardette, Culot, Didier, Jacquemin, Georges, Nestor Outer, Fondation Kélyddon, 2001
  2. "Nestor Outer, from travels to memory lane". « Down Memory Lane » (en francés). 2015-07-22. Consultado o 2023-08-07. 
  3. Centre de documentation du Musée gaumais[Ligazón morta permanente]
  4. "Nestor Outer, peintre de guerre". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2020. Consultado o 12 de decembro de 2019. 
  5. Dictionnaire bio-bibliographique des Littérateurs d'expression wallonne p. 304-305