Nelson H. Minnich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nelson H. Minnich
Nacemento15 de xuño de 1942
 Cincinnati
Alma máterBoston College e Universidade Harvard
Ocupaciónhistoriador
editar datos en Wikidata ]

Nelson Hubert Minnich, nado o 15 de xaneiro de 1942 en Cincinnati (Ohio), é un académico estadounidense, especialista na historia da Igrexa católica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre 1959 e 1963 estudou Humanidades na Universidade Xavier de Cincinnati. Posteriormente, até 1965, obtivo un A.B. en Filosofía polo Boston College, e na mesma entidade un M.A. en Historia en 1968. Marchou a Roma, onde cursou Teoloxía até 1970 na Pontificia Universidade Gregoriana, e en 1977 doutorouse en Historia pola Universidade Harvard coa tese Episcopal Reform at the Fifth Lateran Council (1512-17).

Dende 1977 é profesor nos departamentos de Historia e Historia da Igrexa na Universidade Católica de América. Ao mesmo tempo, é editor da revista The Catholic Historical Review. Dende 2007 é tamén membro do Comité Pontificio de Ciencias Históricas.

Obra[editar | editar a fonte]

Artigos en revistas[editar | editar a fonte]

  • Minnich, Nelson H. (1984). "The Healing of the Pisan Schism (1511-13)". Annuarium Historiae Conciliorum (en inglés) 16: 59–192. 
  • Minnich, Nelson H. (1988). "Alexios Celadenus: A Disciple of Bessarion in Renaissance Italy". Historical Reflections / Réflexions Historiques (en inglés) (Berghahn Books) 15 (1): 47–64. ISSN 0315-7997. 
  • Minnich, Nelson H. (2013). "The closing of the Fifth Lateran Council (1512-17)". Annuarium Historiae Conciliorum (en inglés) 45. 

Colaboracións en obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Minnich, Nelson H. (1981). "Incipiat Judicium a Domo Domini: The Fifth Lateran Council and the Reform of Rome". En Lytle, Guy Fitch. Reform and Authority in the Medieval and Reformation Church (en inglés). Catholic University of America Press. pp. 127–142. ISBN 9780813205441.