Neftekamsk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de Neftekamsk

Neftekamsk (Нефтекама en baskir e Нефтекамск en ruso) é unha cidade da República de Bashkortostán localizada na beira do río Kama, en Rusia. A súa poboación era de 118.000 habitantes en 2008.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1955 descubriuse petróleo preto da aldea mari de Arlani no distrito de Krasnokamski, levantándose o centro administrativo do campo de petróleo na actual localización de Neftekamsk en 1957, recibindo o status de cidade en 1963.