Nefertiti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nefertiti
Nacementoc. 1370 a. C.
Lugar de nacementoTebas
Falecementoc. 1330 a. C.
Lugar de falecementoAmarna
NacionalidadeAntigo Exipto
RelixiónRelixión exipcia antiga
Ocupaciónraíña rexente
PaiAy
CónxuxeAkhenatón
FillosNeferneferuaten Tasherit, Neferneferure, Setepenré, Meritaton, Meketaton e Ankhesenamon
IrmánsMutnodjmet
editar datos en Wikidata ]

Nefertiti foi unha raíña de Exipto polo seu matrimonio co faraón Akhenatón (Amenofis IV ou Amenhotep IV), monarca da dinastía XVIII de Exipto. Durante un certo tempo trocou o seu nome Nefertiti ("A beleza que ven") polo de Neferneferuaton ("Fermosa é a beleza de Aton").

Historia[editar | editar a fonte]

De Nefertiti chegaron ata nós numerosas representacións co seu esposo e fillas (unha novidade, xa que con anterioridade non se adoitaba representar a vida familiar do faraón), e aínda nalgunhas ela soa, como no famoso busto que se conserva na actualidade no Museo de Berlín.

Algunhas teorías supón que, á morte do seu esposo, accedeu ao trono co nome de Semenkhare, mais tense indicado en contra que este nome corresponde a un fillo de Akhenatón.

Dáselle como filla de Ay, irmá da raíña Tiy. Casaría con Akhenatón probablemente a inicios do reinado deste, con quen tería seis fillos:

  • Merytaton
  • Meketaton
  • Ankhesenamon
  • Neferneferuaton-Tasherit (a nova)
  • Neferneferurae
  • Setepenre

Nefertiti acompañou a seu marido á nova capital Akhetaton, mantendo aínda algúns que foi ela a instigadora dos cambios sociais, relixiosos, económicos e culturais, cos que aquel se vai a atopar ao substituír o politeísmo tradicional exipcio por un culto de tendencia monoteísta ao deus solar Aton; mais, por contra, outros vena como a raíña que tentaba salvar o que Akhenaton estaba a destruír. O grao co que vai compartir o poder co seu marido varía segundo as opinións de cada historiador; nas representacións figuradas aparece a miúdo en condicións de igualdade e, mesmo, nalgunha estela aparece coa falsa barba, a dobre coroa e dous cartuchos reais.

Nefertiti, reprodución do busto de Berlín

Pouco se sabe de Nefertiti, salvo que debeu ser unha muller de extraordinaria beleza, segundo mostran as referencias escritas (incluído o seu mesmo nome) e consonte aos retratos realizados conforme o realismo propio da arte daquel período, excepcional na historia exipcia (especialmente o busto policromado do Museo de Berlín).

Subitamente a raíña desaparece no 14º ano do reinado de Akhenaton. As hipóteses para explicalo son moi variadas, desde que foi correxente de Semenkhare, ata a morte, natural ou violenta. Faltan, porén, datos para definir con claridade a situación. A súa desaparición coincide co ascenso da esposa Merytaton e a aparición de Semenkhare como correxente. A súa filla Ankhesenamon casaría con Tutankhamon, fillo de Akhenaton (probabelmente cunha esposa secundaria, Kiya).

A súa momia non se ten atopado. O 9 de xuño de 2003 Johann Fletcher, especialista en análise capilar da Universidade de York, en Inglaterra, anunciou o achado da momia na tumba KV35 no Val dos Reis, unha momia xa atopada facía cen anos mais non identificada. Emitiuse un documental televisivo que en esencia non demostraba nada definitivo: a tumba fora saqueada e a època da momificación semellaba ser a da dinastía XVIII, e aínda a postura do cadáver indicaría a súa realeza. Mais o 12 de xuño do 2003 Zahi Hawass, director do Consello Exipcio de Antigüidades, alertou sobre a falta de probas, rexeitando a identificación proposta por Fletcher.