Ncuti Gatwa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ncuti Gatwa
Ncuti Gatwa, Jan 2019 on MTV International 01.jpg
Nacemento16 de outubro de 1992
LugarKigali
NacionalidadeReino Unido
Educado enRoyal Conservatoire of Scotland
Profesiónactor, actor de televisión e actor de teatro
editar datos en Wikidata ]

Ncuti Gatwa (/ˈʃuːti ˈɡætwɑː/),[1][2] nado en Kigali o 16 de outubro de 1992, é un actor ruandés-escocés.[3] É coñecido por interpretar o papel de Eric Effiong na serie orixinal de Netflix Sex Education, polo cal recibiu a aclamación da crítica pola súa representación dun adolescente negro e homosexual.[4][5][6]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gatwa naceu no distrito de Nyarugenge, en Kigali, Ruanda[7] o 15 de outubro de 1992[8] O seu pai, Dr. Tharcisse Gatwa, que procede do distrito Karongi, é un xornalista cun PhD en teoloxía.[9][10] Gatwa criouse en Escocia, principalmente en Edimburgo e Dunfermline. Asistiu ós institutos Boroughmuir e Dunfermline e graduouse no Real Conservatorio de Escocia en Glasgow cun BA en actuación no ano 2013.[11][12]

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

En maio de 2018, anunciouse que Gatwa protagonizaría xunto con Gillian Anderson e Asa Butterfield a serie orixinal de Netflix Sex Education, interpretando o papel de Eric. A serie estreouse o 11 de xaneiro de 2019, recibindo a aclamación da crítica.[13]

A interpretación de Gatwa como Eric Effiong en Sex Education recibiu moi boas críticas e comentarios culturais, que salientaron que a personaxe non foi relegado ó cliché do personaxe homosexual típico ou o mellor amigo negro.[5][6]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cinema[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel Notas
2019 Horrible Histories: The Movie – Rotten Romans Timidius
TBA The Last Letter from Your Lover Posprodución

Televisión[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel Notas
2014 Bob Servant Cliente 1 episodio
2015 Stonemouth Dougie 2 episodios
2019–presente Sex Education Eric Effiong Papel protagonista; 16 episodios

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sex Education Thirst Trap 101 With Ncuti Gatwa From Sex Education Netflix". YouTube. 24 de xaneiro de 2019. Consultado o 19 de maio de 2019. 
  2. Between 2 Favs, ed. (25 de xaneiro de 2020). "Ncuti & Kedar from Sex Education Interview Each Other". Netflix. 
  3. SBS, ed. (22 de xaneiro de 2019). "Sex Education's Ncuti Gatwa discusses 'being a minority within a minority'". Consultado o 22 de febreiro de 2019. 
  4. "From Ncuti Gatwa to floral tributes: this week's fashion trends". The Guardian. 1 de febreiro de 2019. Consultado o 20 de febreiro de 2019. 
  5. 5,0 5,1 Lockett, Dee (22 de xaneiro de 2019). Vulture, ed. "Sex Education's Ncuti Gatwa Doesn't Want to Play the Gay Best Friend". Consultado o 20 de febreiro de 2019. 
  6. 6,0 6,1 Okundaye, Jason (22 de xaneiro de 2019). Dazed, ed. "Sex Education's vital, complex portrayal of black queer teenhood" (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2019. 
  7. Anderson, Gillian (5 de febreiro de 2020). Teen Vogue, ed. "Ncuti Gatwa Embraces His Electrifying Power". Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  8. Negi, Shrishti (6 de febreiro de 2019). News18, ed. "Ncuti Gatwa of 'Sex Education' on His Unapologetic & Carefree Portrayal of a Gay, Black Teenager". Consultado o 20 de febreiro de 2019. 
  9. Gatwa, Tharcisse (25 de marzo de 2009). "Victims or Guilty?". International Review of Mission (World Council of Churches) 88 (351): 347–363. doi:10.1111/j.1758-6631.1999.tb00164.x. 
  10. "Ncuti Gatwa, Umunyarwanda wihagazeho muri filime 'Sex Education' yaciye ibintu kuri Netflix" (en Nyanja). Isimbi.rw. 4 de febreiro de 2019. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  11. Dundee Rep Theatre (ed.). "Ncuti Gatwa". Consultado o 15 de xaneiro de 2019. 
  12. "BA Acting Showcase Class of 2013" (PDF). Royal Conservatoire of Scotland. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xaneiro de 2019. Consultado o 15 de xaneiro de 2019. 
  13. "Sex Education: Season 1". Rotten Tomatoes. Fandango. Consultado o 15 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]