Sex Education
Sex Education é unha serie británica de comedia creada por Laurie Nunn. Está protagonizada por Asa Butterfield no papel dun adolescente socialmente inadaptado e por Gillian Anderson no papel da súa nai que é terapeuta sexual. A serie estreouse o 11 de xaneiro de 2019 a través de Netflix. Ncuti Gatwa, Emma Mackey, Connor Swindells e Kedar Williams-Stirling interpretan os papeis secundarios. Converteuse nun éxito da crítica e comercial de Netflix, con máis de 40 millóns de espectadores que viron en liña a primeira tempada da serie logo da súa estrea. A segunda tempada estreouse o 17 de xaneiro de 2020.[1][2] A terceira tempada estreouse o 17 de setembro de 2021. A cuarta e derradeira tempada anunciouse o 25 de setembro de 2021,[3] a cal se estreou o 21 de setembro de 2023.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kanter, Jake (25 de novembro de 2019). Deadline Hollywood, ed. "‘Sex Education’: Netflix Sets Premiere Date For Season 2 Of High School Drama". Consultado o 25 de novembro de 2019.
- ↑ Filmoria.co.uk (ed.). "Sex Education season 2 launches on 17th January, only on Netflix". Consultado o 24 de xaneiro de 2020.
- ↑ Westenfeld, Adrienne (21 de xaneiro de 2022). "Sex Education May Call It Quits After Season Four". Esquire. Consultado o 23 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Sex Education Season 4 is not coming to Netflix in January 2023". Web News Observer (en inglés). 2022-12-24. Consultado o 2023-01-01.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- Sex Education na IMDb (en inglés).