Nave espacial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Naves espaciais»)
Engalaxe dun Protón (lanzador soviético non tripulado).

Unha nave espacial é un vehículo deseñado para funcionar alén da superficie e da atmosfera terrestres, no espazo exterior. As naves espaciais poden ser robóticas (sondas non tripuladas) ou tripuladas (poden transportar persoas).

As naves tripuladas posúen equipos e sistemas de soporte vital, que permiten aos astronautas comer, exercitarse, e facer as súas necesidades diarias.

A nave espacial é un dos elementos primarios da ciencia ficción. Hai moitos contos e novelas que tratan temas relacionados coas naves espaciais. No cinema, destacan os filmes Le voyage dans la Lune (1902) e 2001: A space odyssey (1968).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]