Natureza morta con cebolas
Aparencia
| Natureza morta con cebolas | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata C:Commons |
Natureza morta con cebolas (en francés: Nature morte aux oignons[1]) é un cadro do francés Paul Cézanne, pintado entre 1895 e 1900. Está realizado en óleo sobre lenzo e mide 66 cm de alto e 81 cm de largo. Estivo no Museo de Jeu de Paume e actualmente atópase no Museo de Orsay de París, Francia.
O xénero do bodegón é un dos favoritos de Cézanne, xunto á paisaxe e mailo retrato. Dentro del, son os seus temas predilectos as mazás e mailos froiteiros. Este en concreto pintouno en plena etapa de madurez (década de 1890).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Páxina do museo de Orsay sobre a obra.". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 01 de marzo de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ambroise Vollard, En écoutant Cézanne, Degas, Renoir Grasset et Fasquelle, 2003.
- Carrassat, P.F.R., Maestros de la pintura, Spes Editorial, S.L., 2005. ISBN 84-8332-597-7
- Olivar, M., Cien obras maestras de la pintura, Biblioteca Básica Salvat, 1971. ISBN 84-345-7215-X