Nartkala
Nartkala é unha cidade da República autónoma Kabardino-Balkaria, en Rusia, localizada a 25 km ao nordeste de Nalchik, a súa poboación é de 33.622 habitantes (2006). Fundada en 1913 como estación de ferrocarril co nome de Dokshukino, forma rusificada do apelido kabardino Doh'ushyq'ua, en 1967 recibiu o nome actual.