Nanunanu-i-Cake

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nanunanu e Cake
Nananu-i-Cake
Situación
PaísFidxi
ArquipélagoNanunanu
MarOcéano Pacífico
Coordenadas17°19′S 178°14′L / -17.317, -178.233Coordenadas: 17°19′S 178°14′L / -17.317, -178.233
Xeografía
Superficie2´225 2 km²

Nananu-i-Cake [nɑː.nɑːˈnuː iː ðɑːˈkeː] é un illa de Fidxi preto dun quilómetro da costa da illa principal de Viti Levu, preto da cidade de Rakiraki da Provincia Ra.

Nananu-i-Cake atópase xusto á beira da illa de Nananu-i-Ra. As illas Nananu-i-Cake e Mabua (o illote que se atopa inmediatamente ao sueste) teñen unhas 242´81 hectáreas ou 2.225.780 metros cadrados de superficie..[1]

O nome da illa, Nananu-i-Cake, significa "Fantasía a barlovento" (ou ao leste) en fidxiano. A illa tamén é coñecida por outros nomes, entre eles Ananugata, Nananugata, Yananu[2] e illa Nananu-i-Thake.[3]

A residencia principal da illa foi deseñada polo estudo de arquitectura de Murray Cockburn, con sede en Auckland. Un peirao de augas profundas na costa occidental da illa.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1974, Sir Harold Mitchell visitou Fidxi desde o Reino Unido e comprou Nananu-i-Cake e Mabua como refuxio. Debido á posición de Harold de Vice-Presidente do Partido Conservador con Sir Winston Churchill e a súa posición social e política, varios dignatarios de alto nivel visitaron e quedaron na illa. Árbores conmemorativos foron plantados por moitas destas visitas de alto perfil. Nananu-i-Cake pertence á familia de Sir Harold Mitchell desde 1974.[4][5]

Nananu-i-Cake tamén conserva evidencias de moka, formacións de pedra construídas en zonas de marea para atrapar peces na marea baixa, e fortificacións con paredes en anel construídas con pedras volcánicas.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wheatley, Paul (1 December 2012). "600-acre Nananu-i-Cake Island off of Fiji, for sale". Departures - US Edition (Journal International Publishing). Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2013. Consultado o 10 de outubro de 2015. 
  2. "Nananu-i-cake (Nananuicake) Map, Weather and Photos - Fiji: island - Lat:-17.3167 and Long:178.233". getamap.net. Consultado o 12 January 2013. 
  3. "Nananu-i-Thake Island Map". mapase.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 30 May 2013. 
  4. West, Carol (October 2012). "Nananu i Cake, Rakiraki -- Freehold Island 600 acres". Professionals Real Estate Group. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2013. Consultado o 10 January 2013. 
  5. Navaratnarajah, Romesh (12 October 2012). "Fiji island on the market for US$10 million". PropertyGuru.com.sg. Consultado o 10 January 2013. 
  6. Morrison, R.J.; Geraghty, Paul A.; Crowl, Linda, eds. (1994). Science of Pacific Island peoples. Volume 2: Land use and agriculture. University of the South Pacific. pp. 163–166. ISBN 9789820201057. Consultado o 13 January 2013.