Nantan
| 南丹市 (ja) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Xapón | ||||
| Prefecturas | Prefectura de Kyoto | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 31.075 (2021) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 616,31 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 2006 | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| Sitio web | city.nantan.kyoto.jp… | ||||
Nantan (南丹市, なんたんし, Nantan-shi) é un concello xaponés da prefectura de Kyoto. Está situado ao norte da rexión de Kinki e no centro da prefectura, na zona sur da provincia de Tanba, no centro-oeste da illa de Honshu. A súa superficie é de 616,31 km², a poboación é de 35.286 habitantes (2009), cunha densidade de poboación de 57,3 hab./km².
A cidade Nantan foi fundada pola fusión de tres concellos de vilas do distrito de Funai (Sonobe, Yagi e Hiyoshi) e un concello de vila do distrito de Kitakuwada (Miyama) no ano 2006.
O concello de Nantan limita cos concellos de Kyōtamba, Ayabe, Kyoto, Kameoka (que son da prefectura de Kyoto); Sasayama (da prefectura de Hyōgo); Nose (da prefectura de Osaca); Takashima (da prefectura de Shiga); e Ōi (este último é da prefectura de Fukui).
