Takashima (高島市, たかしまし, Takashima-shi) é un concello xaponés da prefectura de Shiga. Está situado ao noroeste da prefectura e ao leste da rexión de Kinki, no centro-oeste da illa de Honshu. A súa superficie é de 693km², a poboación é de 52.245 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 75,4 hab./km².
A cidade de Takashima foi fundada após a fusión de 6 concellos de vilas do distrito de Takashima (Adogawa, Imazu, Shin'asahi, Takashima, Makino e Kutsuki) no ano 2005.