Nandi Glassie
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de maio de 1951 Atiu |
| Morte | 4 de setembro de 2020 |
| Causa da morte | cancro |
| Deputado do Parlamento das Illas Cook | |
| | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Auckland Massey University (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Partido político | Partido das Illas Cook |
Nandi Tuaine Glassie, nado o 21 de maio de 1951 en Atiu, é un político das Illas Cook.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Glassie estudou artes na Universidade de Auckland e realizou un máster en política pública na Universidade Massey, traballou para o departamento de traballo de Nova Zelandia, a antiga cidade de Manukau e para o goberno das Cook. Entre 2005 e 2006 foi xefe do equipo na oficinado primeiro ministro. Presentouse ás eleccións de 2006, obtendo escano pola circunscrición Tengatangi/Areora/Ngatiarua polo Partido das Illas Cook derrotando ao demócrata Eugene Tatuava. En decembro de 2010, logo de gañar o seu partido as eleccións, o novo primeiro ministro, Henry Puna, nomeouno ministro de Saúde e Agricultura.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Who's who in Cabinet". Cook Islands Government. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2010. Consultado o 2010-12-15.