Nanaia Mahuta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nanaia Mahuta
Nacemento21 de agosto de 1970
Lugar de nacementoAuckland
NacionalidadeNova Zelandia
EtniaMaorí
Alma máterUniversidade de Auckland
Ocupaciónpolítica, antropóloga e candidata política
PaiRobert Mahuta
IrmánsTipa Mahuta
Premios100 Mulleres da BBC
Na rede
http://nanaiamahuta.org.nz/
Facebook: NanaiaMahutaMP Twitter: NanaiaMahuta Instagram: nanaia40 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Nanaia Cybelle Mahuta,[1] nada o 21 de agosto de 1970, é unha política maorí de Nova Zelandia. É parlamentaria pola circunscrición de Hauraki-Waikato e exerceu como ministra de Desenvolvemento Maorí e ministra de Goberno Local durante o sexto goberno laborista de Nova Zelandia dende 2017. O 6 de novembro de 2020, asumirá o posto de ministra de Asuntos Exteriores, converténdose na primeira muller, e na primeira persoa indíxena do país, en ostentar o cargo.[2]

Mahuta foi membro anteriormente do quinto goberno laborista do país, servindo como ministra de Aduanas, ministra do Goberno Local, ministra do Desenvolvemento da Mocidade, ministra asociada de Medio Ambiente e ministra asociada de Turismo.[3] En 2016, realizou unha tatuaxe facial maorí (en maorí: Tā moko) converténdose na primeira muller parlamentaria en levalo no Parlamento de Nova Zelandia.[4] En 2018, foi clasificada como unha das 100 Mulleres da BBC[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. New Zealand Parliament (ed.). "New Zealand Hansard – Members Sworn [Volume:651;Page:2]". Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2013. Consultado o 10 de setembor de 2017. 
  2. CNN, Julia Hollingsworth. "New Zealand's Jacinda Ardern appoints country's first Indigenous female foreign minister". CNN. Consultado o 3 de novembro de 2020. 
  3. "Ministerial List for Announcement on 31 October 2007". Beehive.govt.nz (Nota de prensa). New Zealand Government. 31 de outubro de 2007. Arquivado dende o orixinal (DOC) o 01 de outubro de 2008. Consultado o 10 de setembro de 2017. 
  4. Eleanor Ainge Roy in Dunedin (2016). The Guardian, ed. "'This is who I am', says first female MP to wear Māori facial tattoo in NZ parliament | World news". Consultado o 11 de agosto de 2016. 
  5. BBC News, ed. (19 de novembro de 2018). "BBC 100 Women 2018: Who is on the list?" (en inglés). Consultado o 23 de xullo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]