Nacional Pescara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nacional Pescara

Nacional Pescara en 1930
TipoSociedade Anónima
Fundación1928
LocalizaciónBarcelona, España
FundadorRaúl Pateras Pescara de Castelluccio, Marqués de Pescara
Persoas claveRaúl Pateras Pescara, Enrique Pescara
IndustriaAutomóbil
editar datos en Wikidata ]

Nacional Pescara foi unha marca de coches española.

Historia da empresa[editar | editar a fonte]

Raúl Pateras Pescara e o seu irmán Enrique Pescara fundaron en 1928 en Barcelona, a empresa Fábrica Nacional de Automóviles S.A. e comezou en 1929 a produción de automóbiles. Dado que o estado apoiaba á empresa con beneficios fiscais, engadiu o nome de Nacional á empresa. En 1932 terminou a produción. A información sobre as cifras de produción varían entre cinco[1][2] e catorce[3]. Actualmente aínda conservanse dous vehículos.

Coches[editar | editar a fonte]

"O Rei co marqués de Pateras-Pescara no novo coche prototipo de turismo «FÁBRICA NACIONAL DE AUTOMÓVILES, S.A.» (de Barcelona), no Palacio de Miramar de San Sebastián. O monarca tivo os máximos eloxios para o novo coche español, adquirindo o primeiro exemplar da serie que vai poñerse en fabricación" (La Vanguardia, 21 de setembro de 1930; en castelán no orixinal).

Nacional Pescara foi unha empresa española de automóbiles por iniciativa de Raúl Pateras Pescara de Castelluccio, marqués de Pescara. Pateras naceu en Buenos Aires en 1890, aínda que estudou en Francia Dereito e en Italia exerceu como avogado. Cando se estableceu en Barcelona, dedicouse á súa verdadeira a vocación: a inxeñaría mecánica.

Modelo OHC[editar | editar a fonte]

O primeiro modelo foi un oito cilindros en liña con control de válvulas OHC que tiña 2.960 cc de desprazamento e 80 CV. O motor era unha aliaxe lixeira. A caixa de cambios só tiña dúas marchas. Unha característica especial era que foi construído con catro gatos hidráulicos que permitían un rápido cambio de rodas. Os vehículos tamén foron utilizados en carreiras de autos. Foi deseñado polo italiano Edmondo Moglia.

Modelo DOHC[editar | editar a fonte]

O segundo modelo incluíu un motor con dúas árbores de levas. Como resultado, a potencia do motor aumentou a 125 cabalos de forza. Cun reducido Chasis, montaba unha caixa de cambios de tres velocidades. En 1931 gañou o campionato de Europa de Montaña.

Modelo Compresor[editar | editar a fonte]

A finais de 1932, apareceu un novo modelo cun motor con compresor, que logrou 180 cabalos de forza.

Modelo de dez cilindros[editar | editar a fonte]

A compañía estaba traballando nun modelo cun motor de dez cilindros en liña con capacidade de 3.900 ou 4.100 cc, o que debería lograr 100 cabalos de forza e sen sobrealimentación. Para as carreiras, proporcionouse un compresor. A situación política de España levou ao fin este proxecto antes de que se completase.

Motor de dezaseis cilindros[editar | editar a fonte]

En colaboración co Gabriel Voisin foi desenvolvido un dezaseis cilindros. O motor de 3600 ou 4000 cc lograba 150 CV.

Pescara SLM[editar | editar a fonte]

Coa chegada da República e o conseguinte exilio de Afonso XIII, o propio Raúl Pateras de Pescara trasladouse en 1933 a Suíza. O último modelo que chegou a construírse foi un convertible con motor V16 que se ensamblou na fábrica de locomotoras SLM de Winterthur (Suíza).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Die Internationale Automobil-Enzyklopädie
  2. The Beaulieu Encyclopedia of the Automobile
  3. Klassische Wagen 1919–1939

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Harald Linz, Halwart Schrader: Die Internationale Automobil-Enzyklopädie. United Soft Media Verlag, München 2008, ISBN 978-3-8032-9876-8.
  • George Nick Georgano (Chefredakteur): The Beaulieu Encyclopedia of the Automobile. Volume 2: G–O. Fitzroy Dearborn Publishers, Chicago 2001, ISBN 1-57958-293-1. (en inglés)
  • George Nick Georgano: Autos. Encyclopédie complète. 1885 à nos jours. Courtille, París 1975. (en francés)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]