Nacho Vidal
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Ignacio Jordà González 30 de decembro de 1973 Mataró |
| Outros nomes | Nacho Vidal |
| Residencia | Enguera |
| Altura | 1,84 m |
| Peso | 85 |
| Cor dos ollos | Azul |
| Cor do pelo | Cabelo castaño |
| Actividade | |
| Ocupación | cabaleiro lexionario, actor de cinema, modelo, actor de televisión, actor pornográfico, director de cinema pornográfico, director de cinema |
| Período de actividade | 1997 |
| Xénero artístico | Cinema pornográfico |
| Deporte | boxeo |
| Familia | |
| Cónxuxe | Franceska Jaimes (2005–2015) |
| Parella | Belladonna (2001–2002) Sara Bernat |
| Premios | |
| Sitio web | nachovidal.com |
Ignacio Jordà González, máis coñecido como Nacho Vidal, nado en Mataró o 30 de decembro de 1973 en Barcelona, é un actor porno español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Infancia
[editar | editar a fonte]Sendo neno a súa familia trasladouse a vivir a Enguera na provincia de Valencia, localidade onde viviu a súa infancia e de onde é a súa familia paterna, propietarios entón dunha importante empresa téxtil. Nacho sempre manifestou sentirse de Enguera, onde reside na actualidade.
Inicio no porno
[editar | editar a fonte]Alistouse na Lexión en Melilla para máis adiante iniciarse na pornografía aos 21 anos na sala Bagdad de Barcelona, onde acudía a realizar espectáculos pornográficos coa súa noiva[Cómpre referencia]. Alí coñeceu o director do Festival de Cine Erótico de Barcelona, José María Ponce, quen o introduciu no mundo da cinematografía pornográfica.
Pasou máis tarde a ser discípulo de Rocco Siffredi, quen o levou a Hollywood en 1998[Cómpre referencia]. Na súa carreira protagonizou unhas 1.500 películas, ademais de traballar como produtor e director de moitos outros filmes. En 2004 estaba considerado como o actor de cine pornográfico máis importante do momento[Cómpre referencia].
Retirada temporal
[editar | editar a fonte]O 31 de maio de 2005 asegurou que se retiraba do cine porno tras anunciar o seu compromiso matrimonial coa modelo colombiana Franceska Jaime, aínda que tras a ruptura con esta volveu protagonizar diversas películas.
Colaboración coa mafia chinesa
[editar | editar a fonte]O 16 de outubro de 2012 foi detido na Operación Emperador contra as mafias asiáticas en España. A policía pensaba que podería terse branqueado diñeiro a través da súa produtora.[1] Despois de prestar declaración ante o xuíz, o 18 de outubro de 2012 foi posto en liberdade sen fianza aínda que se lle imputou un presunto delito de branqueo de diñeiro.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Operación contra la mafia china. Nacho Vidal, detenido por presunto blanqueo a través de su productora. Europa Press. 16 outubro de 2012 (en castelán)
- ↑ El concejal del PSOE detenido en la 'operación Emperador', y Nacho Vidal libres sin fianza Arquivado 26 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. Xornal El Mundo. 18 de outubro de 2012. (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Artigo El porno feroz: La misoginia como espectáculo de Gabriel Núñez (en castelán)