Mérmero
Na mitoloxía grega, Mérmero (Μέρμερος) era un fillo de Xasón e Medea. Segundo a primeira tradición, Mérmero e o seu irmán foron mortos en Corinto pola súa propia nai, para castigar a Xasón pola súa infidelidade. A segunda tradición conta que el e o seu irmán, Feres,[1] morreron apedreados polos corintios como represalia por ser os portadores dos agasallos envelenados que a súa nai enviara a Glauce, filla do rei Creonte, e que isto causou a morte de ambos.[2]
Os deuses castigaron o crime matando nos seus berces a todos os nenos nados en Corinto, ata que, consultado o oráculo, respondeu que fixesen sacrificios en honra dos fillos de Medea, aos que ademais dedicaron unha estatua representando o Medo.
Finalmente, a última tradición di que Mérmero fora desterrado a Corcira polo asasinato de Pelias, e despois disto morreu acompañando ao seu pai nunha cazaría en Epiro, ao ser atacado por unha leoa.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Feres: Φέρης.
- ↑ 2,0 2,1 GRIMAL, Pierre (1979). Diccionario de mitología griega y romana (6ª ed.). Paidós. p. 353. ISBN 978-84-493-2211-2.