Myriophyllum aquaticum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Myriophyllum aquaticum é unha especie de planta acuática nativa de zonas húmidas de Suramérica: o Brasil, Bolivia, Ecuador, o Perú, a Arxentina, Chile, Paraguai, o Uruguai. É popular polo seu uso en acuarios, pero fóra da súa distribución natural compórtase como especie invasora.

En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.[1]

Vista da planta.
No seu hábitat, formando unha colonia.
Vista desde arriba.

Descrición[editar | editar a fonte]

Son herbas glabras, acuáticas; con talos grosos, con frecuencia lixeiramente lagunosos. Follas en verticilos de 3–6, pectinadas, maiormente emerxentes, 2–5 cm de longo, con 10–18 segmentos en cada lado, os inferiores frecuentemente reducidos; raque até 1 mm de ancho; estípulas ausentes. Flores raramente producidas, unisexuais, dispostas nas axilas das follas mergulladas; flores inferiores pistiladas, as superiores estaminadas; sépalos 4, oblongo-lanceolados ou angostamente triangulares; pétalos 4, naviformes e unguiculados; estames 4–8; carpelos 4, lóculos 4, estigmas brancos e fimbriados. Froito 1–2 mm de longo, pequenas noces papiloso-punteadas, pronto dividíndose en 4 partes.[2]

Floración[editar | editar a fonte]

É unha planta perenne. Ao entibiarse a auga na primavera, comeza a floración; a maioría faino nesa estación, con todo, algúns comezan no verán. Flores diminutas, brancas. A maioría das plantas desta especie son femininas, de feito non hai masculinas fóra de Suramérica; polo que non xera semente fóra desa rexión, pero reprodúcese asexualmente. As novas plantas saen de fragmentos de plantas enraizadas.

Hábitat[editar | editar a fonte]

É nativa da conca do río Amazonas, e atópase naturalizada en todo o mundo. Foi introducida en Norteamérica cara aos anos 1800. Como prefire un clima cálido, é máis común en subtrópicos e trópicos.

Especie invasora[editar | editar a fonte]

É moi usada e popular en acuarios internos e externos. Desafortunadamente, ten comportamentos de maleza. Non ten competencia, polo que se descontrola.

Na súa distribución natural, algúns insectos aliméntanse dela, pero nas súas introducións non existen eses predadores; salvo en Florida, onde as larvas dos coleópteros Alticini aliméntanse dela.

Outro problema creado pola súa sobrepoblación é o estancamento da auga e o sobrecrecemento de algas e de larvas de mosquito; problemas en rega e en drenaxe e restricións ás actividades recreativas. Os herbicidas non son específicos para a especie e non a controlan, só queda o corte para mantela baixo control.

Debido ao seu potencial colonizador e constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, esta especie foi incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, regulado polo Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, estando prohibida en España a súa introdución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.[3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Myriophyllum aquaticum foi descrita por (Vell.) Verdc. e publicada en Kew Bulletin 28(1): 36. 1973.[2]

Etimoloxía
  • Myriophyllum: nome xenérico que deriva do grego "myri" e que significa (demasiado para contar) e "phyll" (folla).
  • aquaticum: epíteto latíno que significa "que se atopa na auga".[4]
Sinonimia
  • Enydria aquatica Vell.
  • Myriophyllum brasiliense Cambess.
  • Myriophyllum proserpinacoides Gillies ex Hook. & Arn.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Mexico City.
  • Cronquist, A.J., N. H. Holmgren & P. K. Holmgren. 1997. Vascular plants of the intermountain west, U.S.A., subclass Rosidae (except Fabales). 3A: 1–446. In A.J. Cronquist, A. H. Holmgren, N. H. Holmgren, J. L. Reveal & P. K. Holmgren (eds.) Intermount. Fl.. Hafner Pub. Co., New York.
  • Crow. 2007. Haloragaceae. In: Manual de Plantas de Costa Rica. Vol. 6. B.E. Hammel, M.H. Grayum, C. Herrera & N. Zamora (eds.). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 111: 1–2.
  • Davidse, G., M. Sousa Sánchez, S. Knapp & F. Chiang Cabrera. 2009. Cucurbitaceae a Polemoniaceae. 4(1): i–xvi, 1–855. In G. Davidse, M. Sousa Sánchez, S. Knapp & F. Chiang Cabrera (eds.) Fl. Mesoamer.. Universidad Nacional Autónoma de México, México.
  • Forzza, R. C. 2010. Lista de espécies Flora do Brasil https://web.archive.org/web/20150906080403/http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010. Jardim Botânico do Rio de Janeiro, Río de Janeiro.
  • Funk, V. A., P. E. Berry, S. Alexander, T. H. Hollowell & C. L. Kelloff. 2007. Checklist of the Plants of the Guiana Shield (Venezuela: Amazonas, Bolivar, Delta Amacuro; Guyana, Surinam, French Guiana). Contr. U.S. Natl. Herb. 55: 1–584. View in Biodiversity Heritage Library
  • Gibbs Russell, G. E., W. G. M. Welman, E. Retief, K. L. Immelman, G. Germishuizen, B. J. Pienaar, M. Van Wyk & A. Nicholas. 1987. List of species of southern African plants. Mem. Bot. Surv. S. Africa 2(1–2): 1–152(pt. 1), 1–270(pt. 2).
  • Gleason, H. A. & A.J. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–910. New York Botanical Garden, Bronx.
  • Godfrey, R. K. & J. W. Wooten. 1981. Aquatic Wetland Pl. S.E. U.S. Dicot. 1–944. Univ. Georgia Press, Athens.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]