Conversa:Mutualismo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mutualismo/comensalismo[editar a fonte]

Mutualismo e comensalismo son cousas completamente distintas. O artigo non se corresponde co seu título. Hai que reformalo e bastaría con cambiar a palabra comensalismo por mutualismo. Mutualismo é unha relación interespecífica na que dúas especies viven xuntas colaborando e beneficiándose mutuamente (as abellas comen néctar das flores de moitas especies pero tamén as polinizan; o beneficio é mutuo). É un concepto similar á simbiose, pero agora tende a reservarse o termo simbiose cando os dous organismos xa non poden vivir por separado (fungos e algas nun lique). O comensalismo é unha relación interespecífica tamén, pero nela NON se benefician as dúas especies senón só unha e a outra nin se beneficia nin se prexudica. Por exemplo, os peixes rémora viven pegados á barriga das quenllas e cando a quenlla come sóltanse para comer os restos de comida que lle caen á quenlla, a cal non se ve prexudicada. Se se vise prexudicada a outra especie, a relación chamaríase parasitismo.--Miguelferig (conversa) 20:29, 2 de xuño de 2012 (UTC)

  • Adiante cos cambios que creas procedentes, Miguel. --Atobar (conversa comigo) 17:43, 7 de xuño de 2012 (UTC)