Museu Pau Casals

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museu Pau Casals
CoordenadasCoordenadas: 41°10′59″N 1°32′30″L / 41.18316111, 1.54153056
Na rede
http://www.paucasals.org
editar datos en Wikidata ]

O Museu Pau Casals (en galego Museo Pau Casals) é un museo centrado na vida e obra do violonchelista catalán Pau Casals, situado no paseo marítimo de Sant Salvador, en El Vendrell, Provincia de Tarragona (Cataluña).[1] Foi inaugurado en 1974.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

A Fundació Pau Casals foi creada en 1972 polo propio Casals e a súa dona, Marta Montañez, coa intención de conservar o patrimonio da Vil·la Casals. Casals morrería un ano despois en Porto Rico.

Ao pouco de morrer, en 1974 abríronse as portas dalgunhas salas do predio ao público, como a Sala de la música e a Sala del Sentiment, reconvertida agora en pinacoteca. Un par de anos despois, en 1976, inaugurouse a primeira versión da casa-museo.

O museo permaneceu pechado entre 1996 e o 2 de xuño de 2001 a causa da rehabilitación do edificio tanto a nivel estrutural como museográfico.

Obxectivo[editar | editar a fonte]

O museo ten a misión de conservar, preservar e divulgar a figura de Pau Casals, a súa obra e o seu patrimonio.[3]

O edificio[editar | editar a fonte]

A principios do século XX, máis concretamente en 1908, Pau Casals mercou uns terreos e encargou a construción dunha casa de veraneo no barrio marítimo de San Salvador, que daquela estaba a uns tres quilómetros do núcleo urbano de El Vendrell. Casals bautizouna co nome de Vil·la Casals. Un ano despois asinou un contrato con Josep Carreras e Francisco Solà, construtor e arquitecto, respectivamente.[4]

As obres de construción non comezaron ata xaneiro de 1910. O ano seguinte Casals xa foi veranear á leira coa súa familia. Nos veráns posteriores, pasou tempadas con músicos de renome como Enric Granados, Donald F. Tovey ou Mieczyslaw Horszowski.

O edificio tiña dous andares presentadas nun corpo central e un soportal con vistas ao mar. Progresivamente foise ampliando o predio e foi incorporando novas instalacións, como unha pista de tenis, un xardín, unha horta e a finais dos anos 20 unhas casas para os convidados. Naquel momento tamén se mudou a varanda da terraza por unha balaustrada.

Antoni Puig i Gairalt realizou as primeiras reformas importantes do edificio a principios dos anos '30, para darlle un aspecto novecentista.

En 1935 proxectouse unha Sala de Concertos e a Sala del Vigatà, onde se instalaron as obras de Francesc Pla i Duran, coñecido como el Vigatà. Trátase dun conxunto de pinturas do século XVIII. Tamén se creou unha galería de esculturas con obras de Josep Clarà (Apol·lo), Martí Llauradó e Josep Llimona.

Pau Casals non puido desfrutar moito das reformas da casa, xa que en 1939, ao pouco tempo de finalizar as obras, estalou a Guerra Civil Española e tivo que se exiliar. Non volvería nunca máis.

A casa foi custodiada polo seu irmán Lluís Casals e outros membros da súa familia ata 1976, data na que se inaugurou definitivamente o museo.

Colección[editar | editar a fonte]

Dentro da casa-museo de Pau Casals atópanse recompilados e expostos diversas esculturas, pinturas, instrumentos musicais, fotografías, autógrafos, mobles e outros obxectos persoais do músico.

Mentres Pau Casals vivía en Cataluña adicouse a formar unha colección privada de pintura catalá. Actualmente poden verse no museo obras de artistas vinculados á Sala Parés e ao círculo de Joan Merli.

Fondo documental[editar | editar a fonte]

O fondo documental da Fundació Pau Casals consérvase no Arxiu Nacional de Catalunya, en Sant Cugat del Vallès. Esta fonte está formada por toda a documentación referente tanto á vida persoal como profesional do mestre entre 1876 e 1976. Salientan algunhas das súas composicións e a súa correspondencia persoal, onde se pode constatar a relación que mantivo con diversas personalidades do mundo da cultura catalá. Tamén destaca o apartado de documentos sonors e de imaxe.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. AADD, Museus i Centres de Patrimoni Cultural a Catalunya Departament de Cultura de la Generalitat de Catalunya (Barcelona, 2010) ISBN 84-393-5437-1
  2. Toni Orensanz, La casa del mestre Casals en Sàpiens nº 77 (Barcelona, marzo de 2009)
  3. "Misión do Museo no web oficial". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 10 de setembro de 2012. 
  4. Cronologia de la Vil·la Casals
  5. "Fondo documental na páxina web da Fundación". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 10 de setembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]