Museo Paleontolóxico de Villa de Leyva
Museo Paleontolóxico de Villa de Leyva | |
---|---|
Museo Paleontolóxico de Villa de Leyva. | |
Coordenadas | 5°38′30″N 73°30′57″O / 5.6416694444444, -73.515830555556 |
País | Colombia |
Cidade | Villa de Leyva |
Tipo | Museo de Paleontoloxía |
Administrador | Universidade Nacional de Colombia |
Na rede | |
http://ciencias.bogota.unal.edu.co/museos-y-centros/museo-paleontologico-de-villa-de-leyva/museo-paleontologico-de-villa-de-leyva/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Museo Paleontolóxico de Villa de Leyva é un museo paleontolóxico de Colombia que se atopa no concello boyacense de Villa de Leyva. Forma parte do conxunto de museos da Universidade Nacional de Colombia adxunto á Facultade de Ciencias, con sede en Bogotá.
O Museo Paleontolóxico de Villa de Leyva é un centro de referencia académico, docente, histórico e de divulgación do patrimonio arqueolóxico de Colombia, especialmente da rexión de Villa de Leyva. Este concello do departamento de Boyacá constitúe unha das áreas xeográficas de maior interese xeolóxico e paleontolóxico do mundo, cun alto número de fósiles.[1]
Coleccións
[editar | editar a fonte]O Museo ten en exhibición máis de 500 fósiles, na súa maioría atopados no concello de Villa de Leyva, os cales teñen unha antigüidade aproximada de 130 millóns de anos, correspondente ao período Cretáceo Inferior, cando aínda non xurdira a cordilleira dos Andes e o territorio atopábase baixo o leito mariño. Os fósiles máis antigos do museo teñen un rango de idade de entre 250 e 545 millóns de anos, pertencentes á era Paleozoica e foron atopados no departamento de Santander e no concello de Floresta, Boyacá. Os fósiles máis recentes pertencen ao Plistoceno, duns 10 000 anos de idade.[2]
Os achados procedentes da era Paleozoica consisten en cunchas e exoesqueletos de organismos como graptólitos, trilobites, briozoos, braquiópodos e crinoideos.[3]
Do Mesozoico, atópanse moluscos cefalópodos como ammonitas e Nautilus; réptiles mariños como Kyhytysuka, Monquirasaurus (antes Platypterygius e Kronosaurus, respectivamente)[4][5] e Callawayasaurus. Da era Cenozoica consérvase unha mandíbula de Stegomastodon waringi, de máis de 10 000 anos de idade.[6]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Paleoxardín do museo.
-
Mandíbula de Stegomastodon waringi.
-
Fósiles de Ammonoidea.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ciencias.bogota.unal.edu.co (ed.). "El Museo Paleontológico de Villa de Leyva" (en castelán). Archived from the original on 10 de setembro de 2016. Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ Universidade Nacional de Colombia. Museo Paleontológico de Villa de Leyva Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Consultado o 4 de xaneiro de 2010
- ↑ Universidade Nacional de Colombia. Fósiles de la Era Paleozoica[Ligazón morta]. Consultado o 4 de xaneiro de 2010
- ↑ Cortés, D.; Maxwell, E.E.; Larsson, H.C.E. (2021). "Re-appearance of hypercarnivore ichthyosaurs in the Cretaceous with differentiated dentition: revision of 'Platypterygius' sachicarum (Reptilia:Ichthyosauria, Ophthalmosauridae) from Colombia". Journal of Systematic Palaeontology: 1–34. doi:10.1080/14772019.2021.1989507.
- ↑ Noè, L. F.; Gómez-Pérez, M. (2021). "Giant pliosaurids (Sauropterygia; Plesiosauria) from the Lower Cretaceous peri-Gondwanan seas of Colombia and Australia". Cretaceous Research. in press: Article 105122. doi:10.1016/j.cretres.2021.105122.
- ↑ Universidade Nacional de Colombia. Era Mesozoica y Cenozoica[Ligazón morta]. Consultado o 4 de xaneiro de 2010
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Museo Paleontolóxico de Villa de Leyva |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 25 de abril de 2022 en Wayback Machine. (en castelán)