Museo Nacional de Antropoloxía de México
| Museo Nacional de Antropoloxía de México | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Miguel Hidalgo | |||||||||||||||
|
Tema principal
| |||||||||||||||
|
Parte de
| |||||||||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||||||||
|
Arquitecto/a
| |||||||||||||||
|
Visitantes anuais
| |||||||||||||||
| Acceso | |||||||||||||||
|
Prezo de acceso
| |||||||||||||||
|
Formas de pago
| |||||||||||||||
|
Días abertos
| |||||||||||||||
|
Días pechados
| |||||||||||||||
|
Accesibilidade en cadeira de rodas
| |||||||||||||||
| Datas | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Dimensión | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Localización | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||
O Museo Nacional de Antropoloxía (MNA) é un dos recintos museográficos máis importantes de México e de América.[1] Está concibido para albergar e exhibir o legado arqueolóxico dos pobos de Mesoamérica, así como para dar conta da diversidade étnica do país. O edificio actual do MNA foi construído entre 1963 e 1964 no Bosque de Chapultepec por instrución do presidente Adolfo López Mateos, quen o inaugurou o 17 de setembro de 1964. O edificio do MNA posúe 22 salas de exposición permanente, dúas salas de exposicións temporais e tres auditorios. Ademais alberga o acervo da Biblioteca Nacional de Antropoloxía e Historia.
A colección do Museo Nacional de Antropoloxía está conformada por numerosas pezas arqueolóxicas e etnográficas provenientes de todo México. Entre algunhas das pezas máis emblemáticas da colección cóntase a Pedra do Sol —que é o corazón mesmo do museo—, as monumentais esculturas teotihuacanas dedicadas ós deuses da auga, a tumba de K'inich Janaab' Pakal, así como un atlante tolteca traído desde Tollan-Xicocotitlan e o Monólito de Tláloc que custodia a entrada do museo.
O MNA constitúe un dos principais sitios de interese turístico de México. Atrae cada ano a máis de dous millóns de visitantes. O museo é un dos meirandes museos do continente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Terra - Diana Magaloni, nueva directora del Museo Nacional de Antropología e Historia - Museos - Arte y Cultura". Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2017. Consultado o 27 de setembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Museo Nacional de Antropoloxía de México |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en castelán)
