Murchisonella spectrum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Murchisonella spectrum é unha especie de molusco gasterópodo da subclase dos heterobranquios, infraclase dos alogasterópodos, superfamilia dos murquisoneloideos, e familia dos murquisonélidos, unha das integradas no xénero Murchisonella.[1][2][3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1875 polo malacólogo danés Otto Andreas Lowson Mörch,[1][2][3][4] baixo o nome de Murchisonia spectrum.[1]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmenbte válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[1][2][3]

  • Aclis bermudensis Dall & Bartsch, 1911
  • Bermudaclis bermudensis (Dall & Bartsch, 1911)
  • Bermudaclis tampaensis Bartsch, 1947
  • Murchisonia spectrum Mörch, 1875 (protónimo)

Características[editar | editar a fonte]

Murchisonella spectrum é un molusco con cuncha diminuta, de 2,1 mm de lonxitude e diámetro de 0,6 mm, alongada, cónica, de cor branca e subdiáfana. A superficie da cuncha, entre a sutura anterior e o umbo está marcada por seis fíos en espiral moi delgados, iguais e reguarmente espazados por igual, mentres que o espazo entre o umbo e o ápice é liso. Toda a superficie da cuncha está marcada por liñas extremadamente finas. A abertura é subcadrada, co ángulo posterior obtuso, e o labio externo moi delgado, mostrando as marcas externas no interior; a columela é case recta e lixeiramente curvada nos bordos.[5]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Esta especie distribúeses no Atlántico occidental, en augas do mar Caribe, desde a península da Florida até á do Iucatán,[3] entre os 25° N e os 12° S, e entre os 88° O e os 62° L.[6]

Béntica, habita entre os 0 e os 73 m de profundidade, sobre substratos brandos.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Murchisonella spectrum (Mörch, 1875) no WoRMS. Consultado o 23 de agosto de 2021.
  2. 2,0 2,1 2,2 Murchisonella spectrum (Mörch, 1875) na BioLib. Consultada o 23 de agosto de 2021.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Murchisonella spectrum (Mörch, 1875) no GBIF. Consultado o 23 de agosto de 2021.
  4. Peñas, A. & Rolán, E. (2013): "Revision of the genera Murchisonella and Pseudoaclisina (Gastropoda, Heterobranchia, Murchisonellidae)". Vita Malacologica 11: 15-64.
  5. Dall, W. H. & Bartsch, P. (1911): New species of shells from Bermuda. Proceedings of the United States National Museum 40 (1820): 277–288.
  6. Murchisonella spectrum (Mörch, 1875) en SeaLifeBase.
  7. Rosenberg, G.; F. Moretzsohn & E. F. García (2009): "Gastropoda (Mollusca) of the Gulf of Mexico", pp. 579-699, en: Felder, D. L. & Camp, D. K., eds. Gulf of Mexico - Origins, Waters, and Biota. 1. Biodiversity. Texas A&M University Press, College Station. ISBN 978-1-6034-4094-3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]