Otto Andreas Lowson Mörch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaOtto Andreas Lowson Mörch

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoOtto Andreas Lowson Mørch
17 de maio de 1828
Lund
Morte25 de xaneiro de 1878
Niza
Causa da mortetuberculose
Datos persoais
País de nacionalidadedanesa
Actividade
Ocupaciónmalacólogo, zoólogo
EmpregadorUniversidade de Copenhague
Linguadanés, francés, inglés, latín
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaMörch Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiOtto Josias Nicolai Mørch

Otto Andreas Lowson Mörch, nado en Lund (Suecia) o 17 de maio de 1828 e finado en Niza (Francia) o 25 de xaneiro de 1878, foi un zoólogo danés especializado en malacoloxía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do xardineiro Otto Josias Nicolai Mørch, só tiña un ano cando seu pai se mudouse a Copenhague. Despois de recibir clases particulares, estudou na Københavns Borgerdydskole (Escola dw Virtude Cidadá) de Copenhague e, máis tarde, na Escola Metropolitana da mesma cidade, pero, cando seu pai morreu en 1842, tivo que abadoa a escola. Ademais, unha enfermidade ocular impediille completar a súa carreira académica, pero como tiña un grande interese pola zooloxía desde a súa primeira infancia, aproveitou con gusto a oportunidade de realizar o estudo desta discipliana cando foi empregado en 1844 como amanuense do doutor Henrich Henrichsen Beck, que dirixía a colección de caracois do rei Cristian VIII.

A partir deste momento, Mörch dedicou todo o seu tempo á conquioloxía, rama da malacoloxía que estuda as cunchas) e, aínda que a súa relación con Beck causoulle moitos inconvenientes, non podía, debido ao fácil acceso que tiña á bibliografía conquiolóxica, sentirse cómodo renunciando a ela, antes de que o profesor Japetus Steenstrup en 1847 lle ofrecera traballar no museo da Universidade de Copenhague.

Porén, este novo cargo, que ocupou até a súa morte, tróuxolle moitas decepcións. Por un lado, recibía unha pequena remuneración pecuniaria e, por outro, encontrábase nunha relación de dependencia que non harmonizaba coa reputación científica que gozaba fóra da universidade. En parte, isto probabelmente debíase ás peculiaridades da súa maneira ser. Era, pode dicrse, un "bicho raro", distraído, cheo de fantasías e cunha natureza pechada, pero no fondo era nobre, desinteresado e servizal.

Como gran coñecedor das especies de moluscos, tiña fama en toda Europa e, por iso, a miúdo consultábano museos estranxeiros e grandes coleccionistas privados, o que facía que moitas veces tiña que viaxar ao estranxeiro.

Nos últimos anos da súa vida padeceu de tuberculose pulmonar, e foi en van que a principios de 1878 seus amigos sufragáronlle unha viaxe de saúde ao sur. Morreu na viaxe a Niza o 25 de xaneiro de 1878.

Mörch, que non casou, foi membro de varias sociedades científicas estranxeiras e, en 1868, foi nomeado doutor pola Universidade de Gotinga.

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

Algúns taxons descritos[editar | editar a fonte]

Especies dedicadas a Mörch[editar | editar a fonte]

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Mörch emprégase para recoñecer a Otto Andreas Lowson Mörch como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Jonas Collin (1878): "Konchyliologen Otto Andreas Lowson Mørch". En biografisk Skizze. Kopenhagen. (Biodiversity Library)
  • Axel Garboe (1958): "Malakologen (Konchyliologen) O. A. L. Mørch (1828–1878)". En: Meddelelser fra Dansk Geologisk Forening, Tomo 14, páx. 37.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]