Mulleres que (nos) dan que pensar
Aparencia
Mulleres que (nos) dan que pensar | |
---|---|
Autor/a | África López Souto |
Orixe | Galicia |
Lingua | galego |
Colección | Feminismos |
Tema(s) | Referentes femininos |
Xénero(s) | Ensaio |
Editorial | Editorial Galaxia |
Data de pub. | 2019 |
Formato | 135 x 210. Rústica con lapelas, tapa branca (edición de peto) |
Páxinas | 390 |
ISBN | 978-84-9151-429-9 |
Mulleres que (nos) dan que pensar é un ensaio da escritora, doutora en filosofía e profesora África López Souto publicado en 2019 no marco da colección Feminismos editado pola Editorial Galaxia.
Neste libro como sinala Carme Adán "a autora asume un reto difícil, a saber, guiarnos, ou máis ben acompañarnos, na agradábel tarefa de pensar “con” e “sobre” unha chea de mulleres variadas que percorren a Historia de Galicia".[1] Dende Exeria a Ángeles Alvariño, dando a coñecer as primeiras universitarias e moitas máis.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Adán Villamarín, Carme (2020). "LÓPEZ SOUTO, África: " Mulleres que (nos) dan que pensar ", Galaxia, col. Feminismos, Vigo, 2019, 390p.". Agora: Papeles de filosofía 39 (2): 251–253. ISSN 0211-6642.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mulleres que (nos) dan que pensar en Nós Televisión