Mugil margaritae
Mugil margaritae | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Datos insuficientes[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Mugil margaritae Menezes, et al. 2015 |
Mugil margaritae, é unha especie de peixes osteíctios acantopterixios da orde dos muxiliformes e familia dos muxílidos, unha das integradas no xénero Mugil.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 2015 polos ictiólogos Menezes, Nirchio, Oliveira & Siccharamirez.[2], no seu traballo:
- Menezes, N. A.; Nirchio, M.; De Oliveira, C.; Siccharamirez, R. (2015): "Taxonomic review of the species of Mugil (Teleostei: Perciformes: Mugilidae) from the Atlantic South Caribbean and South America, with integration of morphological, cytogenetic and molecular data". Zootaxa 3918 (1): 1–38. (Ver resume).
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]Para a do xénero, ver Mugil.
O epíteto específico margaritae fai referencia á illa de Margarita (Venezuela) en cuxas augas se capturoru o espécime tipo.[3]
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]É un peixe mariño, peláxico-nerítico, tropical, que habita no mar Caribe, nas costas de Venezuela,[3] até unha profundidade de 10 m.[1]
A especie rexistrouse só en dúas localidades moi separadas ao longo de Venezuela: a illa de Margarita (Boca de Río, Nova Esparta) e o golfo de Venezuela (San Bernardo, Zulia, preto da entrada do lago de Maracaibo).[2]
Características
[editar | editar a fonte]Alcanza unha lonxitude máxima de 26,5 cm. Prsenta 3 raios espiñentos e 9 raios brandos na aleta anal. Distínguese de Mugil liza, M. curvidens e M. trichodon por ter 3 raios espiñentos e 9 raios brandos da aleta anal ramificados nos adultos ou 2 espiñentos, e 1 raio de aleta anal non ramificado e 9 ramificados nos espécimes xuvenís (contra 3 espiñnetoas e 8 raios da aleta anal ramificadas nos adultos, ou 2 espiñentos e 1 raio brando da aleta anal sen ramificación, e 8 raios de aleta anal ramificada en xuvenís); diferénciase de M. incilis por ter a orixe da aleta dorsal a medio camiño entre a punta do fociño e a base da aleta caudal (contra a orixe da aleta dorsal moito máis preto da punta do fociño que da base da aleta caudal) e con de 17 a 18 fileiras lonxitudinais de escamas ao redor do pedúnculo caudal (contra 20-23); difire de M. brevirostris, M. curema e M. rubrioculus por ter 40-44 filriras de escamas oblicuas desde o límite dorsal da base da aleta pectoral até a base da aleta caudal (contra 35-39 filas de escamas oblicuas desde a orixe do límite da aleta pectoral até a base da aleta caudal) e 13-15, xeralmente 14, fileiras lonxitudinais de escamas desde a orixe da aleta dorsal até a orixe da aleta pelviana (contra 12-13, normalmente 13 fileiras de escamas oblicuas desde o límite da base da aleta pectoral á base da aleta caudal.[3]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]Esta especie foi descrita recentemente a partir de 23 exemplares recollidos en dúas localidades moi separadas ao longo de Venezuela. Probabelmente habita en augas costeiras pouco profundas sobre substratos brandos. Sábese que coexiste con outras tres especies de Mugil, ás que se asemella moito e coas que se confunde facilmente. Como resultado, sábese pouco sobre a súa poboación ou distribución. Polo tanto, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualfícaa como DD (datos insuficientes).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Carpenter, K.E. & Ralph, G. (2015): Mugil margaritae na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 4 de agosto de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Mugil margaritae Menezes, Nirchio, Oliveira & Siccharamirez, 2015 no WoRMS. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Mugil margaritae Menezes, Nirchio, Oliveira & Siccharamirez, 2015 en FishBase.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mugil margaritae en Instituto Smitsoniano de Investigaciones Tropicales (en castelán).
- Páxina sobre Mugil margaritae con imaxes e texto en inglés, dos autores da súa descrición.