Os Muxílidos (muxos ou cabezudos) (Mugilidae) son unha familia de peixes teleósteos, mariños ou de auga doce, única familia da ordeMuxiliformes (Mugiliformes). Están distribuídos por mares temperados e tropicais, próximos á costa.
Corpo musculoso, fusiforme, con grandes escamas adherentes. Cabeza ancha e esmagada. A boca é pequena ou de tamaño moderado, terminal, algo ínfera e sen dentes ou con dentes moi pequenos. Posúen un estómago musculoso e un intestino extremadamente longo. A lonxitude máxima descrita é de 90 cm (FishBase).
Posúen dous aletas dorsais curtas e moi separadas, a primeira espiñosa con 4 espiñas delgadas e a segunda cunha espiña e 7-10 radios brandos; pectorais en situación alta; as aletas pelvianas son subabdominais, cunha espiña e 5 radios brandos; a anal con 2-3 espiñas e 8-11 radios brandos. Caudal furcada, fendida ou truncada. A liña lateral, cando está presente, ás penas é visible.
Móvense agrupados en cardúmenes e aliméntase de pequenas algas, diatomeas e detritos dos sedimentos do fondo. A súa pesca ten certa importancia comercial.